Saltar al contenido principal
A Música Dos Desprazados

A Música Dos Desprazados

Feijoó, Javier Gándara

A música dos desprazados propón unha lectura innovadora da historia cultural galega a partir do estudo do teatro musical e das artes escénicas entre mediados do século XVIII e comezos do XIX. A obra parte de dúas hipóteses centrais: que moitos dos elementos que hoxe se consideran característicos da identidade galega foron configurados a través de representacións teatrais e musi...

Editorial:
A Central Folque. Centro Galego de Música Popular
Ano de edición:
2026
Materia:
Música
ISBN:
979-13-990115-6-2
Páxinas:
224
Encadernación:
Otros
20,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A música dos desprazados propón unha lectura innovadora da historia cultural galega a partir do estudo do teatro musical e das artes escénicas entre mediados do século XVIII e comezos do XIX. A obra parte de dúas hipóteses centrais: que moitos dos elementos que hoxe se consideran característicos da identidade galega foron configurados a través de representacións teatrais e musicais creadas hai máis de dous séculos e medio, frecuentemente fóra de Galicia; e que a colectividade galega e as persoas vinculadas á farándula compartiron experiencias históricas de mobilidade, emigración e desprazamento que contribuíron a modelar imaxinarios e formas de pertenza
A través dun percorrido que oscila entre a realidade histórica e a ficción escénica do setecentos, o libro revela unha Galicia plural, urbana e rural ao mesmo tempo, intensamente conectada con outros territorios da Península Ibérica e do espazo atlántico. Fronte á imaxe dun país culturalmente periférico ou empobrecido, a investigación mostra a existencia dunha sociedade dinámica, integrada en amplas redes de intercambio artístico e intelectual.

O volume constitúe tamén unha achega relevante ao estudo das relacións entre cultura e identidade colectiva, ao analizar como a música, o teatro e os espectáculos públicos contribuíron á formación de determinados discursos sobre Galicia e os galegos, algúns dos cales continúan presentes no imaxinario contemporáneo.

Como valor engadido, a publicación incorpora a edición diplomática da Representación a San Roque, unha obra teatral do século XVIII que permanecía inédita ata o presente. O texto conserva extensas pasaxes en lingua galega nun período no que o seu uso público estaba fortemente limitado, converténdose nun documento de excepcional interese para a historia cultural e lingüística de Galicia.

Artículos relacionados

El Universo de Taylor Swift

El Universo de Taylor Swift

Zahra, Jess

Con citas inolvidables, curiosidades sorprendentes y datos para auténticos fans, El Universo de Taylor Swift es tu pase directo al fascinante mundo de una de las artistas más icónicas de nuestro tiempo. Un libro para descubrir su historia, celebrar su música y conectar con todo aquello que la ha convertido en un fenómeno global. Además, incluye una tarjeta exclusiva coleccionab...

10,50 €

¡Esas Palmas, Coño!

¡Esas Palmas, Coño!

Costas, Miguel / Landeira, Renato

El relato en primera persona de una de las leyendas del punk español. Un recorrido nostálgico por las décadas que marcaron y cambiaron para siempre la historia de la música de este país. Guitarras, resacas y alguna que otra verdad. Más que unas memorias, este libro es un parte de guerra. ¡Esas palmas, coño! es la historia de un chaval de Vigo que nació entre calles de barro, ap...

22,90 €

Lubre

Lubre

Luar Na Lubre

30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniversario de Luar Na Lubre e/ou a voz lubre e a súa inclusión, por fin, no Dicionario da Real Academia. Neste traballo, a palabra LUBRE elévase como un ritual escrito e sonoro deseñado para abrir as portas do bosque sagrado. Todo gravita arred...

29,00 €

El Significado de la Ópera

El Significado de la Ópera

Wintle, Chirstopher

Este libro ofrece a entendidos y legos una lectura original, refinada y necesaria sobre el significado del ge´nero operi´stico. Explorando el contexto histo´rico, la psicologi´a y la interpretacio´n de diversas o´peras elucida caso a caso su cara´cter. A lo largo de estas pa´ginas, aunque el musico´logo y cri´tico echa la vista atra´s para remontarse a los ori´genes de la o´per...

28,00 €

El Universo de Bts (

El Universo de Bts (

Malik, Saumya

Adéntrate en el mágico universo de BTS con este pequeño homenaje repleto de citas inspiradoras, curiosidades sorprendentes, anécdotas y trivias para auténticos fans. Un libro para celebrar la música, la historia y el mensaje de una banda que ha conectado con millones de personas en todo el mundo. Además, incluye 1 tarjeta exclusiva aleatoria coleccionable con uno de los 7 miemb...

10,50 €

Andres Do Barro. A Xenese Do Pop en Galego

Andres Do Barro. A Xenese Do Pop en Galego

Fernandez Rego, Fernando

Fernando Fernández Rego achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e o baleiro que este trouxo consigo, así como aos tempos convulsos que lle tocou vivir, de par que nos ofrece un retrato da Galicia da época, das primeiras formacións beat, do Movemento Popular da Canción Galega e da censura que operaba nas emisoras que emitían cancións en galego, catalán e ...

31,00 €