Esta obra de teatro discorre nunha fraga onde conviven árbores foráneas e autóctonas. O carballo, o piñeiro ou o castiñeiro discuten co eucalipto porque ten sede de máis. Cando chega dende Portugal a Sobreira, as protestas volverán aparecer. Pero o peor trance para os habitantes da fraga vai se-la chegada do ser humano.