Di Celso Fernández Sanmartín: "Esta cama foi de Manuel Sanmartín Méndez, meu avó por parte de nai, e iso é o que queda dela. En si, a súa cama, eu ben a recoñezo, distinta de calquera outra, ten unha feitura que más pobre e sinxela case non pode ser. Sobria.(...) Esta foi a súa cama, como o nosa ha ser a nosa cama"
Por que ler?
-Porque achegarse a Celso Fernández Sanmartín é adentrarse no territorio da descuberta
-Porque este libro é unha homenaxe a quen comparte a vida con nós
-Porque o autor fai ofrenda da memoria a través do obxecto
-Porque o amor atravesa estas páxinas multiplicándose