Presentación de 'As portas condenadas'
O próximo mércores, día 3 de xuño, ás 19:00h, terá lugar na Librería Trama a presentación de 'As portas condenadas', de Jorge Emilio Bóveda. O autor estará acompañado polos escritores Marica Campo e Xulio Pardo de Neyra.
Sobre 'As portas condenadas' (Ed. Toxosoutos):
O único máxico que hai na vida de Eleusis é o seu nome, que por outra banda é postizo. A súa existencia transcorre tristemente no pequeno mundo dunha Auria monótona e gris, entre frías relacións familiares, mesquiñas pseudoamizades e escasas perspectivas de futuro. Os seus días carecen de cor, ata que unha enigmática chamada introduce na súa vida un matiz progresivamente maior de incerteza, suspense e quizais esperanza. Así irá achegándose aos portais do misterio, onde descubrirá un segredo que podería rematar para sempre co seu pequeno mundo…, quizais, dun xeito máis literal do que lle gustaría.



