Saltar al contenido principal

Eventos

Presentación de 'Pequena vida salvaxe'
21/01/2026 - 19:00 - Librería Trama

Presentación de 'Pequena vida salvaxe'

Presentación de 'Pequena vida salvaxe'

O mércores, 21 de xaneiro, terá lugar na librería a presentación de 'Pequena vida salvaxe', XXVII Premio nacional de poesía Xosémaría Pérez Parallé, escrita por Roberto X. Hermida e editada por Espiral Maior. 

O autor estará acompañado de Concha Blanco, poeta e gandeira de Casa Bértolo.

Sobre Roberto X. Hermida: 

Roberto X. Hermida (Vilagarcia de Arousa, 1975), medrou entre As Pontes, Herbón e Santiago de Compostela. Doutorouse en Bioloxía cunha tese sobre o lobo e atualmente está especializado no estudo e a conservación dos morcegos. É membro fundador de Morcegos de Galicia e da Asociación Galega de Custodia do Territorio. A natureza está moi presente na súa obra narrativa, o que é especialmente evidente no ensaio sobre morcegos El dilema de Spallanzani (2015) e no capítulo "Summercamp" do libro coral Encuentros con lobos (2016). Algúns dos seus relatos, tanto en galego como en castelán, foron premiados en diferentes certames. A súa poesía agromou no obradoiro de escrita organizado pola biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes.