ANTONIO VILLARINO GÓMEZ E SERAFÍN GONZÁLEZ PRIETO
A idea dos autores, ao elaborar esta guía, é que non pode ser unha lista de lugares a percorrer a toda velocidade en plan coleccionista. De aí que estabelezan, para cada un dos 15 espazos, roteiros base que permitan unha visión de conxunto, pero deixando moito á iniciativa persoal. Nesta liña, as descricións complétanse con outros aspectos que se consideran imprescindíbeis, se de verdade se busca un achegamento á natureza. Para evitar dificultades de interpretación cos termos empregados, acompáñase un glosario.