Saltar al contenido principal

Búsqueda de Editorial : BAÍA EDICIÓNS 152 resultados

Lubre

Lubre

Luar Na Lubre

30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniversario de Luar Na Lubre e/ou a voz lubre e a súa inclusión, por fin, no Dicionario da Real Academia. Neste traballo, a palabra LUBRE elévase como un ritual escrito e sonoro deseñado para abrir as portas do bosque sagrado. Todo gravita arred...

29,00 €

Reserva Natural

Reserva Natural

Mene Pazos, Alejandro

Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas encaixen xa será demasiado tarde. Quizais na Re...

16,01 €

Os Animais Da Granxa

Os Animais Da Granxa

Ed.auzou

Un libro para aprender a recoñecer as voces do galo, o porco, a ovella, a vaca e o burro. ...

15,00 €

Nais

Nais

Charo Valcárcel

Nais é unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano, pola violencia... Son mulleres de varias xeracións da mesma familia que imos coñecendo a través da súa relación con Sara, enlace entre o presente e o pasado. Sara nai, Sara muller, Sara avoa, pero tamén a Sara filla, vítima dunha carencia afectiva incomprensib...

15,00 €

O Faro

O Faro

Carlos Labraña

Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría adultos) 2024 "La desbandá" foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas "nacionais" a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo ...

9,00 €

Manchea

Manchea

Andrea Freire

Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría infantil) 2024 Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta emocionante e sorprendente aventura. Esta é unha historia...

17,00 €

Como se Formou esta Paisaxe?

Como se Formou esta Paisaxe?

Eduardo González Clavijo

A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día. Por iso, con este pequeno traballo tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñeceme...

22,00 €

As Horas Mortas

As Horas Mortas

Emma Pedreira

Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar. A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada po...

28,00 €

Moito que Contar

Moito que Contar

Viña Varela, Ramón

Este libro é un exercicio de xornalismo. A carón dos grandes nomes do deporte agroman tamén persoeiros e feitos menos visibles. A historia e a intrahistoria. Seguimos o Deportivo de onte, de hoxe e de sempre. As súas xestas nacionais e internacionais e as súas lendas: Amancio, Arsenio, Luís Suárez, Vicente, Fran, Djukic, Bebeto, Mauro Silva ou Djalminha. O foco ábrese para inse...

24,00 €

Memoria para Xoana

Memoria para Xoana

Marica Campo

Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada ...

12,00 €

Pola Noite

Pola Noite

Chytilová, Lenka

Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chia e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se orientan ploa noite os a...

16,90 €

Donas de nós

Donas de nós

Gracián, Ánxela

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visi...

9,65 €

O Segredo de Caaveiro

O Segredo de Caaveiro

García Quesada, María Antonia

Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai fronte a unha grave dificult...

18,55 €

Nos Furados Das Árbores

Nos Furados Das Árbores

Paková, Markéta Es

Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten. A cambio, a árbore déixalle facer casa nun...

19,85 €

O Mal Querer

O Mal Querer

Carou Figueira, Natalia

Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. É un gran amante do m...

14,35 €

Simboloxía Máxica en Galicia

Simboloxía Máxica en Galicia

Romero Copo, Bieito

Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simból...

33,10 €

Remedios Da Nosa Horta Medicinal

Remedios Da Nosa Horta Medicinal

Fra Bagaria, Maria

A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e e...

27,60 €

O Paraugas Na Raiola e Outros Relatos

O Paraugas Na Raiola e Outros Relatos

Rivas Domínguez, Francisco

Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da ?Señorita de Lobeiras? e rematan coas ?Memorias do esqueleto Isolino?, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente,...

13,25 €

A Árbore

A Árbore

Petra Bartiková Magdalena Takácova(Ilu.) María Reimóndez(Galego)

O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan as unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore. A araña, que pende dun fío, acba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada días nunha árbore. Un carballo é como unha cas...

16,90 €

A Reconquista

A Reconquista

Yáñez Rodríguez, Antia

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade. ...

14,35 €

Os Animais Do Bosque

Os Animais Do Bosque

Anne Passchier(Ilu.)

A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. Esta asociación de ilustracións infantís e fotos dos animais no seu medio, converten a colección en algo singularmente diferente e atractivo. Un libro que presenta algúns dos animais que habitan os bosques na fronteira do documental e do libro ilustrado para as crianzas....

11,65 €

O Castiñeiro Do Apalpador

O Castiñeiro Do Apalpador

Vilariño Sanmartín, Inacio

Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor. ...

10,40 €

Denébola a Roxa

Denébola a Roxa

Cajaraville Araújo, Héctor

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición...

13,25 €

Historia Das Mulleres Galegas

Historia Das Mulleres Galegas

Carreiro, Pepe

Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos...

12,70 €

Historia de Galicia

Historia de Galicia

Carreiro, Pepe

Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chega...

12,70 €

Confusión e Morte de María Balteira

Confusión e Morte de María Balteira

Campo, Marica

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto g...

13,80 €

Aves

Aves

Penas Patiño, Xosé Manuel E / Pedreira López, Carlos

Como recoñecer as 50 especies de aves máis comúns de Europa Occidental dunha forma sinxela.Cuns breves consellos aprenderás rapidamente que pasos seguir na observación das aves. Nas fichas de descrición de cada especie obterás, ademais, información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan... e as especies coas que se poden confundir. ...

4,00 €

Pregunta á Dra. Peteiro Sobre o Tempo

Pregunta á Dra. Peteiro Sobre o Tempo

Llewellyn, Claire

Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Tempo é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais as estacións, os distintos climas, os fenómenos atmosféricos... e moito máis.Outra saca chea de cartas enviadas por preocupados animais chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Que é ese escintileo no ceo?, Como pode o vento axudarme a voar?, Por que o meu pelo se...

14,20 €

Un Autobús Camiño Da Cidade

Un Autobús Camiño Da Cidade

Rodríguez, Robustiano

É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio, nese camiño incerto que vai despexando néboas. Sentimentos que abrollan ante situacións concretas camiño da cidade, na rúa, na escola,......

11,05 €

Guía Das Árbores de Galicia

Guía Das Árbores de Galicia

Niño Ricoi, Henrique

A Guía das árbores de Galicia alcanza a súa 3ª edición nunha andaina que vén cubrindo de forma exitosa un espazo na literatura do natural e proporcionando un material que se converteu en imprescindíbel non só para as persoas afeccionadas e amantes da natureza, tamén para estudosas e investigadoras.Ilustrada a toda cor e cunha linguaxe accesíbel a todas as persoas, que, á vez, n...

24,40 €