OUTONO AQUÍ

OUTONO AQUÍ

MARIO REGUEIRA

15,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
SOTELO BLANCO, EDICIONS
Año de edición:
2012
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-7824-616-8
Páginas:
184
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Medusa

Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta 2011Cando a literatura se reviste coa pel da música, xorde Outono aquí, novela que, dende un íntimo diálogo entre sociedade, identidade e individuo, asume a escrita da modernidade, por esa fuxida de todo intento de solideza, como se todo, voces e silencios, acabasen por se esluír no ar da desmemoria do que fomos, seres nados en aldeas feridas pola coitelada sangrante de autovías mal trazadas, que obrigan aos seus habitantes a asumiren todas as formas inimaxinables de deshumanización nos barrios obreiros das cidades emerxentes. Son vidas de desacougo, angustia, soidade, rancor e contas pendentes. Outono aquí é, sen dúbida, un achegamento a eses seres forxados en espazos de miseria moral e física e á súa decadencia, á ignonimia de actos cometidos no nome da honra familiar vilipendiada, aos fillos e fillas deses seres e ás súas feridas. É o caso de Xoán e Guillerme, os protagonistas, que loitan por reconstruír a súa identidade a partir de falsos certificados de nacemento, historiais médicos de prognóstico incerto, segredos nunca antes confesados, fotografías veladas e tantas lembranzas esquecidas que, ao verbalizalas, conteñen unha soidade, ateigada, no entanto, de físgoas de felicidade. Guillerme vese obrigado a viaxar a Gante, unha anónima cidade europea, un lugar con prazas, estatuas, castelos turísticos e barrios obreiros, tan igual e tan diferente coma calquera outro, para recuperar unha herdanza que lle pertence de seu e escoitar tamén as palabras de perdón de Xoán, o seu exitoso irmán músico, mais nesa viaxe non só atopará a verdade dos feitos, senón tamén unha man cálida e amable que o axuda a saír da espiral da vertixe e, sobre todo, a cicatrizar tantas feridas abertas.

Artículos relacionados

  • LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á ...
    En stock

    16,95 €

  • TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    ALONSO, ALEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas ent...
    En stock

    19,50 €

  • LEVITACIÓN, NIVEL INCIACIÓN
    LAMELA GARCÍA,LUÍS
    Levitación, nivel iniciación é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ru...
    En stock

    14,96 €

  • RASHÔMON E OUTROS RELATOS
    RYÜNOSUKE AKUTAGAWA
    En stock

    14,50 €

  • OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN
    NORIEGA SÁNCHEZ,MARTIÑO
    O ex-alcalde de Santiago e Teo, Martiño Noriega, publica Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora), unha crónica persoal onde relata o seu regreso á Medicina despois de doce anos na política activa. Escrito entre 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nestes anos, mais tamén está inspira...
    En stock

    16,90 €

  • DIARIO DO COMBOIO. (ATRAVES DAS LETRAS)
    MIRAGAIA, RAQUEL
    En stock

    14,00 €