ANÍBAL OTERO

ANÍBAL OTERO

LINGÜISTICA E POLÍTICA EN ESPAÑA NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO

ALONSO MONTERO, XESÚS

26,95 €
IVA incluido
4-8 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2011
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9914-198-5
Páginas:
416
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Cronica

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.
Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.
Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Franco").

Artículos relacionados

  • PASEO ILUSTRADO POR SANTIAGO DE COMPOSTELA
    BAQUEIRO CANABAL, JOSE
    En una cuidada edición en tres idiomas gallego, castellano e inglés y a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un paseo inolvidable por una de las ciudades europeas más admiradas y visitadas, Santiago de Compostela. El autor nos invita a disfrutar con calma de los encantos, la belleza y la historia del paisaje medieval de esta capital de Galicia en la que nació y q...
    En stock

    19,90 €

  • O PEQUENO É POSSÍVEL
    BASTOS, MIGUEL ANXO
    A sabedoria convencional sobre a dimensâo das unidades políticas parece ser clara no sentido de uma maior dimensâo oferecer uma série de vantagens, quer em termos de eficiência, quer de peso político. e raramente é discutida, uma vez que é considerada um lugar comum.Este livro procura desafiar o mito da bondade da maior escala aplicada aos Estados. Muitos problemas pol...
    En stock

    16,00 €

  • APUNTES DE MIS PASEOS POR LUGO
    VALADÉ DEL RÍO, EMILIO
    En stock

    15,00 €

  • CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO
    REI ROMEU, MANUEL
    En stock

    17,00 €

  • O POVO IMPROVISADOR
    SÉCHU SENDE
    Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo.Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste terás o que sempre...
    En stock

    16,00 €

  • ARREDOR
    RONSEL PAN
    "Arredor" é un ensimesmeamento, un soño, unha aparición. Estes escritos remiten ao sagrado e ao profano; a unha realidade distinta, creada, ad hoc, para guiarte no camiño correcto. Un xamán. Unha posta en escena. A mirada única, inquebrantábel do paxaro que canta. A resposta dunha pregunta aínda non pronunciada. A consideración derradeira antes da fin dun ciclo. A epif...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no ...
    En stock

    16,50 €

  • CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Fi...
    En stock

    20,95 €

  • EL NOMBRE Y LA OBRA DE ANTONIO MACHADO DENTRO DE LAS COORDENADAS DEL FRANQUISMO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Sólo el nombre —el mero nombre— de Antonio Machado provocaba aversión en la España más oficialista de 1940. Fue necesario que un falangista culto, “liberal” y, entonces, con mucho prestigio intelectual escribiese un prólogo para que se pudiesen reeditar, en 1941, las Poesías completas, volumen que no incluía los poemas del período bélico (elegía a Lorca, soneto a ...
    En breve

    19,90 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POETA NA TERRA, NA GUERRA E NO EXILIO. ANTOLOXÍA PO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    É Florencio Delgado Gurriarán un escritor que hai tempo que reclamaba a atención dos críticos. Desde este traballo, Xesús Alonso Montero achéganos á súa obra literaria e á súa biografía na terra, na guerra e no exilio, moi condicionada por acontecementos adversos, onde, nese longo período, o poeta mantivo sempre ergueita a súa dignidade e o seu compromiso cos ideai...
    4-8 días
  • ALFREDO DE LA IGLESIA
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    4-8 días