NON VENAL

NON VENAL

MOMÁN NOVAL, ALBERTE

12,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-65-87076-25-6
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica

Non venal é un libro de poemas no que as lectoras poden viaxar a través dos sentimentos afincados no subconsciente. Os poemas deléitanse no detalle, na descrición de instantes cotiás apenas perceptibles polo ollo alleo.

A viaxe iníciase nun ambiente opresor, no sexo dominado, submiso, contraído polos límites, no que se percibe unha constante necesidade de liberación. Dá comezo, deste xeito, a abordaxe e análise da culpa, sentimento fortemente enraizado no acervo feminino, como un elemento esencial que dirixe o conxunto de emocións e condiciona os actos. A ocultación do propio corpo, a negación da naturalidade e a vergonza social son os elementos que se manifestan na relación sexual, entendida como unha interacción natural entre as persoas.

Os personaxes descritos, vanse liberando a medida que se avanza no texto, para desembocar nunha sexualidade vivida como aproximación, empatía e recoñecemento, que atopa a súa máxima expresión no encontro físico. Este convértese nunha ferramenta para a exploración, o deleite, a expresión do amor e do gozo. A continuidade na viaxe, esta vez pracenteira, énchese de luz e de matices que utilizan como vehículo motor o tacto e os fluídos.

Fálase dun desexo que nace para satisfacer a liberación individual, o empoderamento. Unha individualidade fundamental para dar forma á esencia do colectivo.

As escenas minimalistas e atemporais, reproducen fotografías íntimas, utilizado para a descrición das mesmas a curiosidade e o coñecemento do outro.

Alberte Momán, a través da acción carnal, achégase ao imperceptible, aos sentimentos que nunca chegan a comunicarse doutro xeito que non sexa a través do propio tacto, a mirada e o contacto da pel.

Ana Rodríguez Fernández

Artículos relacionados

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

  • CARTAS DE CONXO
    XURXO ALONSO
    Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...
    En stock

    16,50 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • MÉDICA DE GARDA
    BEGOÑA GRAÑA
    "As páxinas que seguen servirán para manter ó lector, coma o título Médica de Garda indica, en garda, presentes no recordo para non repetir tanto os erros coma os sentimentos dos sanitarios que estiveron preto dos doentes naquelas datas. Nestas páxinas están, a carón das angustias, as dúbidas, os medos, a frustración, o sufrimentos e a morte..., a beleza que só conse...
    En stock

    11,90 €

Otros libros del autor

  • TRILOXÍA VATTENE!
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Dúas historias, dúas viaxes nas que o surrealismo e a fantasía se confunden. Un antiheroe na procura dun alter ego, unha parte de si mesmo que deberá asesinar. Os superheroes masculinos que todos e todas coñecemos, mostrando o seu lado decadente nunh ...
    En stock

    12,00 €

  • LAPAMÁN
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Lapamán, novela de ficción de Alberte Momán Noval, editada inicialmente por Atlantís en el 2018, para inaugurar una nueva sección, M Editora Pulp, que se dedicará a recoger textos de narrativa o poesía, que puedan ser considerados Pulp, tanto ciencia ficción, como fantasía, novela negra, etc, siempre que se propongan desde una perspectiva novedosa, alejándose de los c...
    En stock

    9,50 €

  • TERRA NULLIUS
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia est...
    En stock

    9,50 €

  • O ALENTO DA MUSA
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    En stock

    14,50 €

  • NON MARCHES NUNCA
    MOMAN NOVAL, ALBERTE
    Unha historia fantástica na que a súa protagonista, Uxía, atopa, por casualidade, o mellor agasallo polo seu aniversario. Estamos diante dun relato centrado no respecto pola diferenza, o amor pola diversidade en calquera das súas formas. Trátase dunha narración na que a fantasía e a realidade conviven sen confrontarse, permitindo que coexistan diferentes perspectivas par...
    En breve

    11,90 €

  • TRIPAS
    MOMÁN NOVAL, ALBERTE
    Primeiras páxinas: https://moman.wordpress.com/2018/04/04/primeiras-paxinas/Recensión de Manrique Fernández: http://www.comarcasnarede.com/colaboradores/o-meu-andel/item/9184-alberte-moman-tripasRecensión de Román Raña: https://moman.wordpress.com/2018/01/25/roman-rana-sobre-tripas-no-faro-de-vigo/No Faro da Cultura: http://sensilencios.blogspot.com.es/2018/04/tripas-no-f...
    En breve

    16,00 €