Este poeta e pintor courelano , que naceu coma Alexandre Magno , tras unha noite de lóstregos e treboadas , iniciou a súa prolífica andaina poética tras o pasamento do seu pai . Xesús Afonso Parada é un amante da música e liberdade que lle proporciona a poesía e da beleza calada dos cumes do seu Courel natal , que é , dende o 2021 , Reserva da Biosfera da UNESCO e que nos plasma nesta nova antoloxía : Ecoando nas valgadas , que está baseada en feitos reais e nas vivencias do autor .