A FERIDA IMAXINARIA

A FERIDA IMAXINARIA

DAVILA, BERTA

17,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2024
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1110-461-6
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acuario e unha casa de cristal, a vida corrente e a vida de artista, a amizade entre persoas descoñecidas, as identidades duplas e a viaxe como única maneira de permanencia son algúns dos elementos dunha novela que fala da busca de consolo e en cuxas páxinas xorde unha melodía inesperada que dá conta das feridas da existencia. Berta Dávila crea personaxes, situacións e paisaxes nunca antes vistas e, así e todo, absolutamente próximas e familiares; concibe unha fabulación ateigada de imprevistos, consonancias simbólicas e paralelismos temáticos capaz de producir, coma nos movementos dun ballet, unha sutileza narrativa onde nada carece de senso, e onde todo flúe para provocar o asombro.

Artículos relacionados

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • A LINGUAXE CORSARIA
    MUIÑOS, ANXO
    A goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro. ...
    En stock

    16,95 €

  • A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA
    MUIÑOS, ANXO
    Estamos ante a saga O Río Océano, así lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra. Este mundo do maxín empeza co fío narrativo de Ulín, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque. Persoanaxes poéticos de Ulín, como o vello xitano irlandés volven a existir epistolarmente na Irmandade da Bandeira Branca. ...
    En stock

    16,95 €

  • SEREI OS TEUS OLLOS EN IDOMENI
    CUIÑAS, EXIDIO
    En stock

    28,00 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

Otros libros del autor

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    DAVILA, BERTA
    O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco con...
    En stock

    12,95 €

  • DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DÁVILA, BERTA
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas ...
    En stock

    12,50 €

  • OS SERES QUERIDOS
    DÁVILA, BERTA
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións famil...
    En stock

    16,95 €

  • UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    DÁVILA, BERTA
    A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres oseu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden aoinstituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoasque a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradiciónsíntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigmasocia...
    En stock

    13,50 €

  • ILLA DECEPCIÓN
    DÁVILA, BERTA
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020 ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxin...
    En stock

    16,30 €

  • CARRUSEL
    DÁVILA, BERTA
    Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas...
    En stock

    15,50 €

Otros clientes también compraron

  • NINGUÉN QUEDA
    BRAIS LAMELA
    Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos resto...
    En stock

    18,00 €

  • AS MALAS MULLERES (PREMIO BLANCO AMOR 2020)
    MARILAR ALEIXANDRE
    A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas...
    En stock

    21,00 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YAÑEZ, ANTÍA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. U...
    En stock

    19,50 €

  • EL NIÑO
    ARAMBURU, FERNANDO
    Un accidente real en el País Vasco de los años ochenta, la vida devastada de una familia. Una historia emocionante, adictiva y conmovedora, como solo Aramburu sabe contar.Nicasio, ya jubilado, acostumbra a subir los jueves al cementerio de Ortuella a visitar la tumba de su nieto. Es uno de los muchos niños fallecidos tras una explosión de gas en un colegio de aquella locali...
    En stock

    20,50 €

  • A VEXETARIANA
    HAN KANG
    En stock

    19,50 €