NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA

NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA

YAÑEZ, ANTÍA

19,50 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1110-069-4
Páginas:
424
Encuadernación:
Rústica

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse.
Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.
As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.

Artículos relacionados

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En stock

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • AS TRES VIDAS E AS CATRO MORTES DE ROBERTO SEOANE
    SERAFIN PARCERO
    En stock

    24,90 €

  • A FORZA ESCURA
    COUPERUS, LOUIS
    Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava. Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido po...
    En stock

    20,10 €

Otros libros del autor

  • NO PIENSES EN UN ELEFANTE ROSA
    YÁÑEZ, ANTÍA
    INTENTA NO PENSAR EN UN ELEFANTE ROSA Aurora es joven, tiene trabajo, un círculo de amigas, vive sola en la ciudad, sale cuando quiere y se encama con quien quiere. Es decir, aparentemente la típica vida de una joven urbanita feliz, si no fuera por que en su existencia nada va como debería ir: su compañero de vida y de hipoteca la ha dejado, casi ni habla con sus amigas par...
    En stock

    21,50 €

  • PLAN DE RESCATE
    YAÑEZ, ANTÍA
    Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un...
    En stock

    13,50 €

  • BE WATER
    YAÑEZ, ANTIA
    En stock

    15,50 €

  • O MISTERIO DO TORQUE DE BURELA
    YÁÑEZ, ANTÍA
    En stock

    14,70 €

Otros clientes también compraron

  • NINGUÉN QUEDA
    BRAIS LAMELA
    Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos resto...
    En stock

    18,00 €

  • AS MALAS MULLERES (PREMIO BLANCO AMOR 2020)
    MARILAR ALEIXANDRE
    A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas...
    En stock

    21,00 €

  • SENLLEIRAS (II PREMIO ILLA NOVA)
    YAÑEZ RODRIGUEZ, ANTIA
    PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, bai...
    En stock

    22,80 €

  • OS SERES QUERIDOS
    DÁVILA, BERTA
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións famil...
    En stock

    16,95 €

  • O VERÁN NO QUE MIÑA NAI TIVO OS OLLOS VERDES
    TIBULEAC, TATIANA
    Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.Mediante un relato cru, agresivo e convulso –feito polo p...
    En stock

    20,50 €