NINGUÉN QUEDA

NINGUÉN QUEDA

BRAIS LAMELA

18,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
FUNDACIÓN EUSEINO?
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-121580-8-3
Colección:
Rúa do lagarto

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.

Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.

Cunha linguaxe interrompida, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos, un artefacto impuro, crebadizo, conmovedor.

Artículos relacionados

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • A LINGUAXE CORSARIA
    MUIÑOS, ANXO
    A goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro. ...
    En stock

    16,95 €

  • A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA
    MUIÑOS, ANXO
    Estamos ante a saga O Río Océano, así lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra. Este mundo do maxín empeza co fío narrativo de Ulín, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque. Persoanaxes poéticos de Ulín, como o vello xitano irlandés volven a existir epistolarmente na Irmandade da Bandeira Branca. ...
    En stock

    16,95 €

  • SEREI OS TEUS OLLOS EN IDOMENI
    CUIÑAS, EXIDIO
    En stock

    28,00 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

Outros clientes tamén mercaron

  • AS MALAS MULLERES (PREMIO BLANCO AMOR 2020)
    MARILAR ALEIXANDRE
    A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas...
    En stock

    21,00 €

  • A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e ...
    En stock

    18,50 €

  • ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descarg...
    En stock

    18,50 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YAÑEZ, ANTÍA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. U...
    En stock

    19,50 €

  • COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou...
    En stock

    17,95 €