CANTARES GALLEGOS

CANTARES GALLEGOS

CASTRO, ROSALÍA DE

23,95 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2013
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-9914-504-4
Páxinas:
472
Encadernación:
Rústica
Colección:
Clásicos

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

Artículos relacionados

  • HABITAR AS FENDAS
    MATO, GISELE
    «Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e d...
    Próxima aparición 13/06/2024
  • PALABRAS MORTAS
    FRAN FERNÁNDEZ DAVILA
    “Palabras mortas é un poemario irreverente, posoptimista, cheo de non-humor e ideas cínicas sobre a desaparición da cultura galega, o desleixo da lingua, a subrogación da identidade de país en pos dunha estirpe na que nunca se integrará a persoas con máis de cinco vogais, os medios de comunicación escrupulosos, as vitrocerámicas con conciencia, a benevolencia da polic...
    En stock

    14,90 €

  • ACURUXAR
    INÉS LÓPEZ FERNÁNDEZ
    A PALABRA, coma a vida que nace, coma a ledicia da bolboreta que inspira, no seu percorrido polas estacións na procura do poema háse atopar coa sede de abril, coas tardes de treboada, co lirismo da rosa de Ronsard, cun universo de présas e revolución sobre terra removida… Os MEDOS atopan acubillo na folla en branco, namentres a idade postremeira retorna ao claustro matern...
    En stock

    14,90 €

  • O CORPO É UMHA PROMESSA (BOLERO)
    CERNADAS, LUCIA
    En stock

    10,50 €

  • DE CENTENO Y ADORMIDERAS
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    En esta isla perfilada por versos se revela un universo íntimo que engarza fauna, flora y cuerpo, fundidos todos sobre su superficie arquitectónica y natural. Este es un periplo poético que evoca las estrofas de Safo y a Alceo, pero que clama, en cada línea, con espontaneidad y arrebato. En este archipiélago cubierto por campos de centeno, mareas negras y adormideras, el a...
    En stock

    16,00 €

  • A VIXILIA DO BOSQUE
    ÁLVAREZ TORNEIRO, MANUEL
    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ...
    En stock

    14,00 €

Outros libros do autor

  • LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesí...
    En stock

    22,95 €

  • FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do fe...
    En stock

    23,95 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tam...
    En stock

    13,80 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    La voz poética de Rosalía de Castro, gallega y castellana, alumbró todo el siglo XIX. Los " Cantares gallegos " , en 1863, inauguran la literatura moderna en esta lengua. " En las orillas del Sar " (1884), aparecido cerca del término de la vida de la autora, reúne un conjunto de poemas en castellano que constituyen un auténtico tratado de desolación. Difícil será en...
    En stock

    9,95 €

  • LA HIJA DEL MAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En 1859 Rosalía de Castro publica su primera novela, que dedica al insigne erudito Manuel Murguía, su esposo. A través de las peripecias vitales de Esperanza, la niña rescatada de las aguas en extrañas circunstancias, Teresa, Candora, Ángela, Fausto y el depravado Ansot, penetramos en un universo rosaliano poblado de sombras, melancolía y desamor. La coexistencia de lo r...
    En stock

    10,00 €

  • FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En stock

    22,00 €