O EXÉRCITO DE FUME

O EXÉRCITO DE FUME

GAGO, MANUEL

23,50 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9121-392-5
Páginas:
448
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza.
Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de océanos asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que une os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa.
Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal. Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.

Artículos relacionados

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • A LINGUAXE CORSARIA
    MUIÑOS, ANXO
    A goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro. ...
    En stock

    16,95 €

  • A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA
    MUIÑOS, ANXO
    Estamos ante a saga O Río Océano, así lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra. Este mundo do maxín empeza co fío narrativo de Ulín, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque. Persoanaxes poéticos de Ulín, como o vello xitano irlandés volven a existir epistolarmente na Irmandade da Bandeira Branca. ...
    En stock

    16,95 €

  • SEREI OS TEUS OLLOS EN IDOMENI
    CUIÑAS, EXIDIO
    En stock

    28,00 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

Otros libros del autor

  • NUS
    GAGO, MANUEL
    Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a...
    En stock

    21,95 €

  • VENTO E CHUVIA (EDICIÓN DE CAMPO)
    GAGO, MANUEL
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xer...
    En stock

    14,50 €

  • O ANXO NEGRO
    GAGO, MANUEL
    A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a ...
    En breve

    23,50 €