A VIAXE DE GAGARIN

A VIAXE DE GAGARIN

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

20,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2014
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-668-3
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia.
Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón
e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase.
Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

Artículos relacionados

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • A LINGUAXE CORSARIA
    MUIÑOS, ANXO
    A goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro. ...
    En stock

    16,95 €

  • A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA
    MUIÑOS, ANXO
    Estamos ante a saga O Río Océano, así lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra. Este mundo do maxín empeza co fío narrativo de Ulín, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque. Persoanaxes poéticos de Ulín, como o vello xitano irlandés volven a existir epistolarmente na Irmandade da Bandeira Branca. ...
    En stock

    16,95 €

  • SEREI OS TEUS OLLOS EN IDOMENI
    CUIÑAS, EXIDIO
    En stock

    28,00 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

Otros libros del autor

  • CUENTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    ¿Dónde empieza la fantasía y dónde acaba la realidad En esta colección de relatos fantásticos, imaginados a partir de los anuncios por palabras de un periódico, desfilan personajes de lo más variopinto: desde una madre obsesionada con que su hija grabe un spot de televisión, hasta un Spiderman-limpiacristales, un vampiro en busca de empleo o un león con problemas de a...
    En stock

    9,50 €

  • A PRAIA DA ESPERANZA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían é que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. «A praia da esperanza» ...
    En stock

    12,50 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascinantes. Con esa persoa van emprender a aventura de cambiar por completo a cidade onde viven. E non vai ser unha tarefa doada. A primeira obra infantil publicada por Agustín Fernández Paz é un conto ecoloxista que nos lembra que é posible mellorar o mundo co...
    En stock

    11,95 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos...
    En stock

    13,50 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembr...
    En stock

    12,70 €

  • A CASA DO MEDO
    FERNANDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Atopar os obxectos do estoxo obrigoume a superar todas as barreiras que mantiñan represados os recordos. Os muros saltaron con violencia e, igual ca nun tsunami de lembranzas, volvéronme os feitos que esquecerá na adolescencia. Un tsunami de recordos, os mesmos que escribín durante as horas desta noite. Os que ninguén crería, se chegasen algún día a se divulgar. Só eu ...
    En stock

    12,70 €