A NOITE DAS CEBOLAS

A NOITE DAS CEBOLAS

ANEIROS, ROSA

17,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2024
Materia
Narrativa general
ISBN:
978-84-1110-498-2
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto. Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas.

Artículos relacionados

  • EL TALLER DE MUÑECAS
    MACNEAL, ELIZABETH
    En breve

    20,90 €

  • LA VEGETARIANA
    KANG, HAN
    Próxima aparición 17/06/2024
  • MIL OJOS ESCONDE LA NOCHE:LA CIUDAD SIN LUZ
    PRADA, JUAN MANUEL DE
    Singular, polémica y brillante, la novela más ambiciosa de Juan Manuel de Prada. Llevábamos mucho tiempo esperando una obra así. Juan Manuel de Prada une su descomunal talento para la narrativa con el conocimiento en profundidad del panorama intelectual, artístico y, sobre todo, literario de la España de la primera mitad del siglo XX. El resultado es un proyecto literario...
    En stock

    24,90 €

  • MADRE DE CORAZON ATOMICO
    FERNANDEZ MALLO, AGUSTIN
    En 1967, poco antes del nacimiento de Agustín Fernández Mallo, su padre, un hombre nacido un pequeño pueblo leonés, veterinario de profesión y firme creyente en la ciencia y el progreso, se embarcó en un viaje pionero por Estados Unidos con el objetivo de traer una veintena de vacas en un avión hasta Galicia. Casi medio siglo después, será el escritor quien realice su ...
    En stock

    19,90 €

  • PIEL DE CORDERO
    COSTAS, LEDICIA
    La vida de dos mujeres unidas durante dos siglos por la fuerza mágica e imparable de la brujería. La nueva novela de Ledicia Costas que esperan más de 30.000 lectores.Catalina, que pertenece a una estirpe de brujas en los últimos años de la Inquisición, se cría en Merlo, en una consulta a donde acuden enfermos con todo tipo de dolencias. La joven hereda de su abuela Elvi...
    En stock

    19,50 €

  • EL CASO DE BRAMARD
    LONGO, DAVIDDE
    El primer caso del inspector Corso Bramard. Davide Longo, la gran voz de la novela negra europea.Corso Bramard era el inspector de policía más prometedor de Italia hasta que Otoñal, un asesino en serie al que seguía la pista, cambió su vida. Han pasado veinte años desde entonces, Corso vive en una vieja casa repleta de libros en las montañas, da clases en un instituto de...
    En stock

    11,95 €

Otros libros del autor

  • SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de q...
    En stock

    18,95 €

  • ÁS DE BOLBORETA
    ANEIROS, ROSA
    Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio ...
    En stock

    14,50 €

  • SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao embl...
    En stock

    26,95 €

  • RESISTENCIA
    ANEIROS, ROSA
    Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os...
    En stock

    22,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura ...
    En breve

    12,95 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser u...
    En breve

    13,50 €