A MULLER DE FERRO

A MULLER DE FERRO

NEIRA VILAS, XOSÉ

16,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-846-4
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica

A muller de ferro, obra publicada en 1969, conforma un conxunto de relatos que teñen como escenario e protagonista o mundo rural galego, aínda que observado lonxe de calquera idealización ou tentación nostálxica, e presentado con perspectiva crítica e de superación de atrasos e eivas históricas.
A violencia, os prexuízos e a miseria están presentes nun mundo para o que Neira Vilas reclama conciencia colectiva e solidariedade a través dun estilo narrativo marcado polo seu poder expresivo e a súa eficacia comunicativa, e onde a problemática do campo remata por derivar en temas máis universais tratados desde una perspectiva existencialista.

Artículos relacionados

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • A LINGUAXE CORSARIA
    MUIÑOS, ANXO
    A goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro. ...
    En stock

    16,95 €

  • A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA
    MUIÑOS, ANXO
    Estamos ante a saga O Río Océano, así lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra. Este mundo do maxín empeza co fío narrativo de Ulín, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque. Persoanaxes poéticos de Ulín, como o vello xitano irlandés volven a existir epistolarmente na Irmandade da Bandeira Branca. ...
    En stock

    16,95 €

  • SEREI OS TEUS OLLOS EN IDOMENI
    CUIÑAS, EXIDIO
    En stock

    28,00 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

Otros libros del autor

  • O HOME DE PAU
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    En 1988, Xosé Neira Vilas, daquela xefe de redacción de "Zunzún", a revista infantil publicada en Cuba, deu cabo aos quince contos de "O home de pau", escritos ao longo de 1988, e anos máis tarde reescritos en Galicia, que conforman un conxunto de "historias urbanas -un algo experimentais-, coas que tento achegarme mediante alegorías a algunha das eivas crónicas que padec...
    En stock

    12,80 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (BANDA DESEÑADA)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.” Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica. Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu r...
    En stock

    20,20 €

  • HISTORIAS DE EMIGRANTES
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de costumes que teñen que ver cos galegos emigrados e os lugares polos que transitan. Unha vida de emigrantes, coma a súa. ...
    En stock

    14,00 €

  • GALEGOS NO GOLFO DE MEXICO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de costumes que teñen que ver cos galegos emigrados e os lugares polos que transitan. Unha vida de emigrantes, coma a súa. ...
    En stock

    23,00 €

  • CHEGAN FORATEIROS
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Fun pasar as vacacións á Aldea Vella, onde vive meu tío Felipe, e botei alí unha tempada. E paseino ben, moi ben, falando con xentes dos arredores que sabían quen eu era; deprendendo novos xogos; vendo cada día ferramentas e animais que denantes só vira nos libros… E entre unha leria e outra, veña de chamarme “forasteiro”, con certa retrónica e con ese seu dicir tan...
    En stock

    13,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (ADAPTACIÓN A LECTURA FÁCIL)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Balbino é unr apaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero nuinguén lle dá as respostas que precisa. Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adptado á lectura fácil. ...
    En stock

    12,50 €