Búsqueda de Editorial : AIRA

93 resultados

  • ONDE OUVEAN OS MONTES
    FRANCISCO NARLA
    Esta é a historia dun amor e dunha vinganza. Unha historia sobre o poder e sobre o imposible. Unha historia sobre a fin da República de Roma desde un punto de vista moi orixinal. Francisco Narla demostra de novo a súa gran capacidade narrativa nesta novela de aventuras onde a pulsión da natureza se enfronta á ruindade humana. Cazadores e presas nun relato que te vai dei...
    En stock

    19,95 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

  • AS LETRAS DA GALICIA PEQUENIÑA
    CEQUELIÑOS, CÉSAR / CAMPOS, JORGE
    Letras, palabras, frases, historias… A lingua galega expresa o que sentimos, desexamos e inventamos. Ven coñecela do xeito máis divertido. ...
    En stock

    19,95 €

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • BANAINAS
    PAZOS MIRANDA, FON
    1,2,3! Prepárate para as disparatadas trasnadas dos Banainas, un grupo de criaturas que che farán rir a esgalla! Únete a esta atoliscada cuadrilla do Colexio Animal Darwin e desfruta coas súas aventuras! Gargalladas garantidas en cada páxina. Personaxes inesquecibles. Nunca volverás ver o cole cos mesmos ollos. ...
    En stock

    19,95 €

  • QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. ...
    En stock

    16,00 €

  • AS FILLAS DA CRIADA
    SONSOLES ÓNEGA
    Febreiro do ano 1900. No pazo do Espírito Santo, en Punta do Bico, á beira do Atlántico, á vista das illas Cíes, nacen ao mesmo tempo dúas nenas: Catalina e Clara, fillas de dona Inés, a señora, e de Renata, a criada, respectivamente. Os pecados dos pais marcarán as súas vidas, testemuñas do convulso século. Unha saga familiar sobre a rebeldía das mulleres contra o...
    En stock

    22,90 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cu...
    En stock

    16,00 €

  • TRES CONTOS PARA NENAS MALAS
    JOSÉ OVEJERO
    Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a monarquía ou o capit...
    En stock

    19,95 €

  • O ATALLO
    MIQUEL MARTÍN I SERRA
    O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a ...
    En stock

    18,00 €

  • O SEGREDO DAS IRMÁS ASOREY
    MARTA ESTÉVEZ
    A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre. Unh...
    En stock

    21,90 €

  • XAORA
    MOREIRAS, ANA
    Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico. Ana Moreiras amosa nesta novela...
    En stock

    19,95 €

  • DE NOVO CENTAURO
    AGIRRE, KATIXA
    Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para investigar a vi...
    En stock

    19,95 €

  • OS INOCENTES
    ORUÑA, MARIA
    A tenente Valentina Redondo está a piques de casar co seu grande amor, o tenro e divertido Oliver Gordon. Mais en troques de preparar o casamento, a oficial máis afouta da Policía Xudicial terá que enfrontarse ao caso máis estraño da súa carreira. Varias persoas morren, aparentemente envelenadas, durante un encontro de lecer de varios empresarios no balneario de Puente V...
    En stock

    21,90 €

  • CANDO CHEGA O OUTONO
    REY NOYA, MARIÑA
    Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o tempo Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e de misterios. ...
    En stock

    16,00 €

  • JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos Rodríguez...
    En stock

    19,90 €

  • A DAMA DE BRANCO
    WILKIE COLLINS
    A vida do profesor de debuxo Walter Hartright cambia para sempre cando viaxa de Londres até Cumberland para darlles clases a Laura Fairlie e Mariam Halcombe. A casualidade farao partícipe dun misterio do pasado que marcará o seu presente. Unha das grandes novelas populares do século XIX, éxito absoluto desde a súa publicación, con tintes de novela romántica, historia...
    En stock

    45,00 €

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MARÍA GLORIA
    Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos ...
    En stock

    19,95 €

  • BOULDER
    BALTASAR, EVA
    Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre Nesta obra Eva Baltasar demostra que é unha das escritoras con máis personalidad...
    En stock

    16,00 €

  • COMO FUNCIONA
    HINCKLEY, PETER
    Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel En Como funciona. A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior literalmente de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos cotiáns con rechamantes i...
    En stock

    19,95 €

  • POLLYANNA
    HODGMAN PORTER, ELEONOR
    Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo» En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura, imaxinación...
    En stock

    18,00 €

  • O LIBRO DAS MARABILLAS
    POLO, MARCO
    Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con sinxeleza e rigor;...
    En stock

    19,95 €

  • O ESPERTAR
    CHOPIN, KATE
    Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de inventar. As emocións...
    En stock

    18,00 €

  • O EMPERADOR DE PORTUGALIA
    LAGERLÖF, SELMA
    O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación e dos rumore...
    En stock

    19,95 €

  • ANTOLOXÍA ESENCIAL
    ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA
    A poesía de Arcadio López-Casanova estivo sempre na vangarda da literatura galega da segunda metade do século xx (versalitas) e do xxi. Combinou o seu dominio da métrica, do ritmo e dos recursos líricos cun profundo coñecemento das posibilidades expresivas da lingua. Esta Antoloxía esencial é tamén unha reivindicación do seu legado. Unha oportunidade para lembrar a s...
    En stock

    18,00 €

  • BREO
    NARLA, FRANCISCO
    Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos co...
    En stock

    23,50 €

  • OS ESTRAÑOS
    GARRIGASAIT, RAÜL
    Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a compaixón, se cadra un amor co qu...
    En stock

    18,00 €

  • A ESTIRPE DO ARCANXO
    REY, NATI
    Maia ten 17 anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras ...
    En stock

    19,95 €

  • AS ALAS DA SERPE
    MARIÑO, SOL
    As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica. ...
    En stock

    16,00 €

  • HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023)
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS SÁNCHEZ, JORGE
    O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña. ...
    En stock

    19,95 €


01 02 03 04 »