SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

MARIA G. ROHDE

20,16 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Ano de edición:
2020
Materia
Infantil divulgación
ISBN:
978-84-9995-338-0
Páxinas:
48
Encadernación:
Cartoné

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.

Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.

As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo.

***



«Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg

Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais.

O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade!

Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos!

Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas!

Artículos relacionados

  • CAZAMITOS ¡PONTE A PRUEBA CON NOTICIAS FALSAS!
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    14,96 €

  • EXPLORAR EL MUNDO DE LOS INSECTOS Y OTROS BICHITOS
    En stock

    9,95 €

  • EDUARDO BLANCO AMOR
    DOPAZO, ÈRIC / GREGORES, BEA
    Este libro podería ser un libro calquera pero nono é. Conta a historia de Eduardo Modesto Blanco Amor, aínda que todo o mundo lle chama Blanco Amor. Pasou a vida escribindo e viaxando ata os máis remotos lugares, sempre cunha cámara na man ou cunha historia na cabeza. Blanco Amor puido ser un escritor calquera pero non o foi: atreveuse a ser el mesmo nunha época na que ...
    En stock

    14,96 €

  • GRAVEDAD CERO
    ORTEGA, RENA
    ¿Has soñado alguna vez en convertirte en astronauta o te ha interesado explorar el espacio? ¿Visitar nuestro sistema solar, descubrir Marte o descubrir cosas interesantes de nuestro satélite la Luna? Pues prepárate, porque la siguiente misión al espacio, GRAVEDAD CERO, ¡está a punto de despegar! Este libro recoge todo lo imprescindible relacionado con la exploración es...
    En stock

    19,95 €

  • EDUARDO BLANCO AMOR
    DOPAZO, ÈRIC / GREGORES, BEA
    Este libro podría ser un libro cualquiera, pero no lo es. Cuenta la historia de Eduardo Modesto Blanco Amor, aunque todo el mundo le llamaba Blanco Amor. Se pasó la vida escribiendo y viajando hasta los más remotos lugares, siempre con una cámara en la mano o una historia en la cabeza. Blanco Amor pudo haber sido un escritor cualquiera, pero no lo fue: se atrevió a ser él...
    En stock

    14,96 €

  • GRAVIDADE CERO
    ORTEGA, RENA
    En stock

    19,95 €