RELATOS PARA TELEVISIÓN

RELATOS PARA TELEVISIÓN

CORDAL, XABIER

18,95 €
IVE incluído
4-8 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2019
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9121-458-8
Páxinas:
168
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta.
O conxunto semella inclasificable: a área de descanso da autovía Madrid-Vigo convertida en zona cero dunha invasión alieníxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlántico que mudará en épica a distopía. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéticos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben podería ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a partir dunha app, afirmou o autor nunha entrevista. Diversas idades no espazo urbano que abala de Ferrol á Coruña enmarcan, ademais, certa alegoría política desde a ollada xuvenil e marxinal, un sórdido matrimonio que prepara o advento do Anticristo ou ese banquete familiar de clase alta que oculta un terrible segredo.

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Outros libros do autor

  • RESISTENCIA DA AUGA
    CORDAL, XABIER
    En stock

    17,00 €

  • RESISTENCIA DEL AGUA
    CORDAL, XABIER
    4-8 días
  • TRANSMUTA
    CORDAL, XABIER
    A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra. Logo de dez anos inédita, non deixamos...
    En breve

    16,95 €