PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

17,60 €
IVE incluído
En breve (o pedido pode demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2013
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-541-9
Páxinas:
104
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,60 €
IVE incluído
En breve (o pedido pode demorarse)

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.» E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementos aproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo a realidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen de saber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de seres humanos extremadamente crueis.
Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, a converterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».

Artículos relacionados

  • DEMERARA
    G. BARREIRA, WAGNER
    Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo, daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras deixar a institución, leva unha vida errante polos arredores do porto, punto de partida para tantos galegos, e embarca no vapor Demerara camiño do Brasil, nunha viaxe sen perspectiva e sen vontade, sen saber que ou destino o fai...
    En stock

    16,75 €

  • O ROSARIO E A BUGUINA (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2020)
    LOSADA, XOSÉ RICARDO
    Premio Torrente Ballester 2020 Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derr...
    En stock

    15,00 €

  • HSTORIAS NO CAMIÑO (BOLSA LIBRO+ AGASALLOS)
    Historias no Camiño é un artefacto que nace dun certamen de relatos que busca por en valor o Camiño de Santiago e que forma parte do proxecto «O teu Xacobeo» da Xunta de Galicia. A bolsiña que tes entre as mans contén: û O libro que recolle os doce mellores textos presentados ao certame, acompañados da arte de doce de novos artistas gráficos de Galiza que interpretan ...
    En stock

    27,00 €

  • UNHA RAPAZA DE PROVINCIAS
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñ...
    En stock

    16,00 €

  • O CERVO E A SOMBRA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos seus pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. ...
    En stock

    17,60 €

  • O QUE ME TOCOU VIVIR
    XOSÉ ALVITE LEMA
    O que me tocou vivir é unha mestura de narrativa e poesía , na que o autor nos conta , en primeira persoa , a súa infancia , adolescencia.... Fálanos das súas dificultades ,do seu amor , do desamor , das súas ilusións , dos seus desexos ... Todo regado con aqueles poemas que escribiu naquel tempo , no que soñaba con ser poeta, ser cantautor . É pois un baúl cheo de so...
    En stock

    15,00 €

Outros libros do autor

  • O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados,...
    En stock

    17,65 €

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a con...
    En stock

    17,30 €

  • ANTÓN E OS INOCENTES
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a...
    En breve (o pedido pode demorarse)

    17,00 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal dest...
    En breve (o pedido pode demorarse)

    11,10 €

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Esgotado

    16,00 €

  • CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no "Consultorio" abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos...
    En breve (o pedido pode demorarse)

    31,00 €