MUDANZAS E OUTROS VELENOS

MUDANZAS E OUTROS VELENOS

ALEIXANDRE, MARILAR

18,00 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2017
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-9151-147-2
Páxinas:
196
Encadernación:
Rústica
Colección:
Dombate

Reúnense neste libro tres poemarios centrais na obra da súa autora: Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía, 2001), Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio Caixanova, 2006). Tres fitos dunha poética na que a morfoloxía da terra e as súas rochas, montes, fragas, ríos e mares xeran unha carta xeográfica que desvela o que hai detrás da aparencia. A voz da poeta elévase e albisca a realidade cos recursos e instrumentos que fan da natureza afiliación e da literatura, escolla. A liberdade amósase aquí na fidelidade da arte ao mundo, non nas ideas senón nas xemas, non nos bálsamos senón nos velenos, non na beleza senón nos vermes. Os símbolos volven aparecer baixo a luz estraña do inaudito. Si, a poesía é materia, ou unha cousa que agarrar coas mans.

Artículos relacionados

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a l...
    En stock

    11,60 €

  • DES A MAR
    ELBA PEDROSA
    Emocións intensas, reflexión e elegancia en fusión con notas musicais que viaxan nunha dimensión ultrasónica. ...
    En stock

    12,00 €

  • GACELA
    GENARO DA SILVA
    En stock

    15,00 €

  • TRÂNSITO
    ANTOM FORTES
    En stock

    15,00 €

  • SALÍFERO
    LUÍS LÓPEZ ALONSO
    En stock

    15,00 €

  • METÁFORA DA METÁFORA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    En stock

    12,95 €

Outros libros do autor

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intenc...
    En stock

    16,45 €

  • LAS MALAS MUJERES
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A través de las páginas de Las malas mujeres Premio Nacional de Narrativa 2022 y Premio Blanco Amor 2020 nos embarcamos en un viaje duro y apasionante por el tramo final del siglo XIX, en una historia a varias voces: la de Sisca, de quince años, encarcelada porque las mujeres no son dueñas de su cuerpo; las de Concepción Arenal, visitadora de prisiones, y Juana de Vega, mu...
    En stock

    17,95 €

  • OVELLA DESCARREIRADA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Este libro contén trinta e tres poemas sobre unha ovella descarreirada, un polbo no garaxe, abellas bailando sen descanso a louca danza da ledicia ou fanecas bravas que ollan en fite a balea azul... Poemas insinuados na casca dun ovo, gravados nunha cabaza seca ou nos relevos dunha noz, enrodelados nunha cana de bambú, ganduxados na muda dun lagarto ou, en último caso, calig...
    En stock

    16,95 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de...
    En stock

    14,50 €

  • A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a pa...
    En stock

    13,50 €

  • A BANDA SEN FUTURO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas ...
    En stock

    13,50 €