GALICIA SOLIDARIA

GALICIA SOLIDARIA

O SISTEMA GALEGO DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

RÍOS, XULIO

18,00 €
IVE incluído
Non dispoñible neste momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2009
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9782-980-9
Páxinas:
336
Encadernación:
Rústica
Colección:
Cronica

Galicia solidaria é un libro de autoría colectiva, coordinado por Xulio Ríos e Carlos Teijo, que analiza o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento desde unha visión panorámica, abordando a súa evolución e manifestación desde a opinión reflexiva dos propios protagonistas e a partir de diferentes ópticas. O papel institucional, a axuda humanitaria, o comercio xusto, os medios de comunicación, a educación, o contexto galego, o sistema internacional, a acción exterior, a evolución, o marco normativo... son algúns dos temas que se dan cita neste libro que pon de manifesto que é posible mudar o mundo. A cooperación é un instrumento transformador que constribúe non só a mellorar o estatus das persoas desfavorecidas senón tamén a sementar unha conciencia crítica e solidaria sobre o mundo. As sociedades desenvolvidas temos unha especial responsabilidade á hora de promover unha orde internacional máis xusta e equitativa. Desde Galicia, persoas, colectivos, entidades e institucións impulsan diferentes dinámicas de cooperación internacional que tratan de acompañar os procesos de desenvolvemento nos países do Sur, ao tempo que promoven iniciativas dirixidas á cidadanía galega para alentar o compromiso e o fomento destas políticas. Este libro explica todas as claves.

Artículos relacionados

Outros libros do autor

  • LA METAMORFOSIS DEL COMUNISMO EN CHINA (UNA HISTORIA DEL PCCH, 1921-2021)
    RÍOS, XULIO
    En el contexto del centenario del Partido Comunista de China, es necesario un balance de la evolución del territorio más poblado del planeta y la segunda economía mundial. El autor de este ensayo, Xulio Ríos, es uno de los principales expertos en este país. Con el triunfo de la Revolución liderada por Mao Zedong en 1949, China inició una nueva etapa caracterizada por ...
    En stock

    18,00 €

  • A METAMORFOSE DO COMUNISMO NA CHINA
    RÍOS, XULIO
    A piques de celebrarse o centenario do Partido Comunista da China, cómpre un balance da evolución do territorio máis poboado do planeta e segunda economía mundial. O autor deste ensaio, Xulio Ríos, é un dos principais expertos na súa historia. Co triunfo da revolución liderada por Mao Zedong en 1949, a China iniciou unha nova etapa caracterizada pola procura dunha m...
    En stock

    18,00 €

  • CHINA EN 88 PREGUNTAS
    RÍOS, XULIO
    Non dispoñible neste momento

    19,00 €

  • OS DEREITOS DA HUMANIDADE
    RÍOS, XULIO
    Non dispoñible neste momento

    7,06 €