CORTE E CONFECCIÓN

CORTE E CONFECCIÓN

DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

14,70 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2019
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-413-8
Páxinas:
112
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Escribir unha historia é coma facer un traxe pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea.

Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.

O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo,

de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias

Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Outros libros do autor

  • AS FACES DO DIAMANTE
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío ou unha nena xudía no gueto de...
    En stock

    17,60 €

  • UNHA ESTRELA PARA AMINA
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    En breve

    11,90 €

  • A BOCA DO MONTE
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia...
    En breve

    14,50 €

  • MORFOSINTAXE 4.º
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    CADERNOS DE LINGUA ofrece dous cadernos, de Morfosintaxe e de Ortografía, para cada curso de ESO. ...
    4-8 días
  • ORTOGRAFÍA 4.º
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    CADERNOS DE LINGUA ofrece dous cadernos, de Morfosintaxe e de Ortografía, para cada curso de ESO. ...
    4-8 días
  • MORFOSINTAXE 1.º
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    CADERNOS DE LINGUA ofrece dous cadernos, de Morfosintaxe e de Ortografía, para cada curso de ESO. ...
    4-8 días