CICATRICES DO AIRE

CICATRICES DO AIRE

PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA

12,00 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
TOXOSOUTOS, S.L.
Ano de edición:
2021
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-122541-7-4
Páxinas:
94
Encadernación:
Rústica
Colección:
Nume

Aparecida do nada , unha estraña vella enche as horas incómodas dunha muller atrapada entre o desexo de morte e o de vida . Son tempos de disparos , de represión , de olladas bixas e bocas pechadas . Tempos de vivir calando . O silencio dos días repetitivos vese interrompido por unha descoñecida , dona de segredos e idades innúmeras , e que , capa tras capa , coma unha árbore milenaria , irá desvestindo ata deixar núa a única das verdades deste mundo : a vida escribímola nós pero , cantas veces pasamos por ela ? A medias entre libro de aventuras e memoria oral do mundo , este libro fálanos do poder da oralidade e da necesidade de recuperar algo tan perdido como necesario : escoitar as nosas maiores , abrir o seu cofre de memoria

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En breve

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

Outros libros do autor

  • XELARIAS. PALABRA Á INTEMPERIE
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida? A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis ...
    En breve

    14,35 €

  • AS FAUCES FEROCES
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    En breve

    14,35 €

  • ANTÍDOTO
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Enma Pedreira es una de las más poderosas y singulares voces de la actual poesía gallega. Encuadrada en la conocida como la Generación de los 90, en todo este tiempo ha ido tejiendo hasta una docena de libros de poemas (siempre premiados) donde destila su visión honda, crítica, potente y feminista de la vida. Antídoto recibió en 2017 el premio de Poesía del Certamen Lit...
    En breve

    14,00 €

  • CORAZÓN E DEMAIS TRIPAS
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Non dispoñible neste momento