AS RAMONAS

AS RAMONAS

(PREMIO GARCIA BARROS 2018)

CABALEIRO, ANA

17,60 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-204-2
Páxinas:
176
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

PREMIO GARCÍA BARROS 2018
Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con deseperación, a súa meta de triunfar no mundo da arte. A protagonista, sancionada coa perda do carné de conducir, non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse. Toda a historia que se narra en As ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade. Mais Mona Otero é só un fío do nobelo no que se vai xuntando co outras ramonas -unhas veces complementarias, outras opostas- e a partir do cal van formando un complexo mundo de mulleres. A novela de Ana Cabaleiro é, ademais, o retrato dunha sociedade rural en mutación, cun pé asentado na tradición e nos lazos familiares e co outro alancando cara á globalización

Artículos relacionados

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

  • A FUXIDA
    REY VÁZQUEZ, CRISTINA
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade...
    En stock

    13,50 €

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de c...
    En stock

    16,70 €

  • AS VIDAS DO RIO
    TEIXEIRA RODRIGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freix...
    En stock

    20,50 €

  • UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    VERDE, CARMEN
    Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela, escrita con elegan...
    En stock

    19,00 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cu...
    En stock

    16,00 €

Outros libros do autor

  • XA VEMOS PALMEIRAS
    CABALEIRO, ANA
    Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, nunha unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha viaxe ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha viaxe singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experi...
    En stock

    17,50 €

  • DEIXÁDENOS REMAR
    CABALEIRO, ANA
    A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisió...
    En breve

    18,50 €