Búsqueda de Editorial : LAIOVENTO, S.L.

163 resultados

  • ENTRE A MEMORIA E O ESQUECEMENTO
    ACEVEDO LOPEZ,GUIOMAR
    A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada ?transición española...
    En stock

    14,96 €

  • TERRA A NOSSA
    SANTOS,ANTOM
    «Terra a Nossa!» foi umha consigna significativa na Galiza do século XX, refletindo as origens labregas e a identidade coletiva. Originada no poema de Rosalía em Follas Novas, retrata os padecimentos e a exaltaçom da Galiza campesinha. A legenda resume o esforço teórico, cultural e político na construçom da identidade galega moderna, destacando o campesinismo transvers...
    En stock

    21,95 €

  • O PODER QUE CAMIÑA NAS TEBRAS
    HAMILTON, LILLIAS
    Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton abordou temas que poucos se atreveron a tocar. Nesta novela, escrita despois de superar a censura, a doutora británica narra a represión do pobo hazara e o xenocidio que sufriu baixo o réxime afgá. Non só foi testemuña directa deses eventos, senón que tamén contou coa rara oportunidade de acceder á corte do emir en Cabul,...
    En stock

    24,95 €

  • NADAL E CONSUMISMO
    BRANCO BUXÁN,XOSÉ RAMÓN
    O texto "NADAL E CONSUMISMO" aborda como o Nadal, orixinalmente unha festividade relixiosa, foi transformado pola sociedade capitalista nun período de consumismo extremo. Presenta varias seccións que exploran desde a orixe e a evolución do Nadal ata as prácticas consumistas modernas e as súas consecuencias.O texto comeza analizando como os bos desexos de reducir, reutiliza...
    En stock

    19,95 €

  • LÚAS DO ORZÁN
    PISÓN VILLAPOL,XESÚS
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natu...
    En stock

    23,95 €

  • TERRA BAIXA
    ÁNGEL GUIMERÀ
    “Traducir ao galego un clásico estreado en 1896, como Terra baixa de Àngel Guimerà, presentou múltiples desafíos. Non considero necesario un prólogo erudito sobre a peza ou a vida do autor, pois abundan estudos sobre el. No entanto, quero compartir a miña experiencia no proceso de tradución. Esta obra, un drama realista con forte oralidade, esixiu un esforzo extra ao t...
    En stock

    12,95 €

  • O MERCADOR DE VENECIA
    WILLIAM SHAKESPEARE
    O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que s...
    En stock

    13,95 €

  • O RAPOSO RENARTE E O LOBO GRISENGRÍN
    LISÓN,RICHARD DE / SAIN-CLOUD,PIERRE DE
    ?O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart)? é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada...
    En stock

    19,95 €

  • O COLOSO DE MARUSI
    MILLER, HENRY
    «Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, c...
    En stock

    19,95 €

  • DE PORTEIRO XOGUEI EU
    PEDRO LENZ
    Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser. Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010...
    En stock

    16,95 €

  • LIBERDADE PARA O GALEGO
    MARCOS MACEIRA EIRAS, ELSA QUINTAS ALBORÉS
    Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén. É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de c...
    En stock

    17,95 €

  • GOLFARÓNS DE SANGUE
    XOSÉ FARIÑA JAMARDO
    O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Gol...
    En stock

    24,95 €

  • NURA
    PONS, PONÇ
    Comecei a escribir "Nura" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de candeas e co "Requiem" de Mozart a todo volume. "Nura" é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa "Terra de Lume". Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Cando construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fun...
    En stock

    12,95 €

  • UN RUÍDO PROVOCADOR(R)
    MONTSE PENA PRESAS / MERCEDES QUEIXAS ZAS (COORDS.)
    Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus...
    En stock

    16,95 €

  • FEIJÓO. LA CARA OCULTA DE UN FARSANTE
    MONGE GONZÁLEZ,MANUEL
    Se difunde que Alberto Núñez Feijóo es una persona de centro derecha, reformista, liberal, dialogante, etc. Otros dicen que es un ultra disfrazado de moderado, que tiene dos caras. Hablemos claro, Feijóo es un farsante, es decir, mentiroso, hipócrita, patrañero, trolero. Feijóo manifestaba que no tenía intención de pactar con Vox, pero hoy defiende los pactos y gobiern...
    En stock

    24,95 €

  • O DON HAMLET DE CUNQUEIRO:UNHA ECUACIÓN TEATRAL
    LUÍSA VILLALTA
    Este libro foi publicado por Luísa Villalta en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existéncia.A peza"O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca", a pesar da sua transcendéncia tanto social como litéraria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida no...
    En stock

    13,95 €

  • FAÍSCAS
    DOMÍNGUEZ ALBERTE,XOÁN CARLOS
    O volume de xinea popular, composto por pezas poéticas de ouriveiría, que transmite sensacións fráxiles e intensas, facilmente absorbidas pola sensibilidade e a intelixencia. Busca reflectir despois das tormentas interiores, mesturando a arela e o desexo, revelando unha luz esencial. Texto e imaxe entrelázanse, proxectando refagas de enerxía positiva, imprescindibles ante...
    En stock

    11,95 €

  • AUTOGOBERNO E SISTEMAS DE FINANCIAMENTO. O PAPEL DA NACIÓN GALEGA
    XOSÉ DÍAZ DÍAZ
    Pretendemos presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias que, desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan o chamado sistema de réxime común, que afecta a 15 das Autonomías, (sen que este termo teña nada a ver co significado real desa verba), agás...
    En stock

    24,95 €

  • DIARIO DUNHA SUFRAXISTA
    NICOLE CADÉNE
    Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras. Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado "Diario" e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mel...
    En stock

    12,95 €

  • FANZINES EN GALIZA
    MARIÑO FERNÁDEZ, RAMÓN
    Nun recuncho esquecido da Galiza, entre as sombras dos séculos, agochase un universo de creatividade e rebeldía que apenas comezamos a desentrañar. Os fanzines, calados compañeiros de almas inxustizadas, ergueron as súas voces na década prodixiosa dos 90 e nas alboradas do século XXI. Nestas páxinas, palpita o pulso da xuventude farta dun mundo gris e inxusto, onde a cu...
    En stock

    11,95 €

  • O AZUL ENTRE O CEO E AUGA
    ABULHAWA,SUSAN
    "O azul entre o ceo e a auga", de Susan Abulhawa, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego. Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza.Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condici...
    En stock

    23,95 €

  • FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)
    MANUEL MONGE GONZÁLEZ
    Difúndese que Alberto Núñez Feijóo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante,etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijóo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos"Feijóo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no l...
    En stock

    24,95 €

  • AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
    ADELA FIGUEROA PANISSE
    “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida é unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.” Claudio Rodríguez Fer ...
    En stock

    17,95 €

  • IRMANDIÑAS
    MARCO,AURORA
    Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. Quer no activismo ini...
    En stock

    33,35 €

  • O TARTUFO
    POQUELIN, JEAN-BAPTISTE
    O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando ...
    En stock

    12,80 €

  • BESTIARIO EN PEDRA. ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA
    CARLOS L. BERNÁRDEZ / XOSÉ RAMÓN MARIÑO.
    En stock

    29,95 €

  • A LOITA DOS PERDEDORES
    LAMELA GARCÍA,LUÍS
    En stock

    24,95 €

  • LOAIRA
    ANXO A.REI BALLESTEROS
    En stock

    29,95 €

  • UNHA HISTORIA DA ARTE GALEGA
    CARLOS L. BERNÁRDEZ
    En stock

    44,95 €

  • O ATRASO ECONÓMICO DE GALIZA
    XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO
    En stock

    24,95 €


01 02 03 04 05 06 »