ZOOMMM

ZOOMMM

ESPINOSA, ESTÍBALIZ

16,95 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2009
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-9782-974-8
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Poesía

No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principais daqueles que traballaban nesa trampa oblicua chamada arte: a creación de personaxes semellaba un eixe fundamental na novela, esa simulación tamén se atopaba no deber dun bo actor, dun guionista, dun realizador de cine, un fotógrafo, un debuxante de cómics... No século XXI, procurar vida foi un dos cometidos principais daqueles que se dedicaban a esa fe experimental chamada ciencia: a medicina, a investigación no xenoma, a astrofísica, a matemática agochada nos patróns de crecemento vexetal e animal, a arquitectura orgánica...
No século XXI, aplicar un zoom nos textos das criaturas humanas revelaría unha ambición de alquimista: transmutarse en vida. En memoria.Vingadora da mortalidade. Zoommm, o poemario de Estíbaliz Espinosa, achégase con torpeza humana ás relacións incestuosas entre texto e vida, linguaxe da máquina e linguaxe lírica, e a ese antigo desexo infantil de que o que leamos se transfigure en nós, electrice a nosa medula, siga o noso ritmo vascular, volva parte de nós ou nós dela. Somos o que foron outros. Se somos o que comemos, somos o que lemos.

Artículos relacionados

  • TRECE MANEIRAS DE MIRAR UN ALMANAQUE
    MOSQUERA, X.L.
    «Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa. Ese canto e ese merlo son sempre os mesmos e son tamén sempre outros. Mais ese merlo, algún dos merlos, non é acaso o que cantou Wallace Stevens E un mira dende os seus limitados ollos, mira de trece inesgotables e ubi...
    En stock

    12,95 €

  • BEIXOS GALLADOS
    RIVAS, FRANCISCO
    En stock

    14,90 €

  • NA NÉBOA DUNHA ESPERANZA
    XOSÉ M.LÓPEZ ARDEIRO
    “Esta antoloxía da obra poética de Xosé M. López Ardeiro é un libro absolutamente necesario para que o público de hoxe que queira coñecer a súa poesía poida encontrar un libro que llelo facilite. Porque os cinco libros que publicou en vida e os dous póstumos xa non se encontran en ningunha librería. As tiradas de imprenta non eran altas e a fidelidade dos lectores e...
    En stock

    19,90 €

  • POBREZA DE ESPÍRITO
    EMMA COUCEIRO
    En stock

    19,00 €

  • PASSA-MONTANHAS
    SÉCHU SENDE
    En stock

    17,00 €

  • O RUMOR DO DISTANTE
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que...
    En stock

    19,95 €