VIGO, A EXPLOSIÓN DOS ´80

VIGO, A EXPLOSIÓN DOS ´80

DE LAS HERAS, VICTOR

20,25 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2011
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9914-305-7
Páginas:
248
Encuadernación:
Rústica
20,25 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos ?80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres.
Foi unha fase eruptiva da historia local, anos de acelerada sucesión de acontecementos que a Víctor De Las Heras lle tocou vivir ao galope biográfico da súa cámara.
Neses catro anos houbo dúas eleccións municipais gañadas polo socialista Manuel Soto, dous ascensos do Celta, o derrubamento do Scalextric ou, indo á anécdota substanciosa, unha provocadora Cicciolina paseando polas rúas cos peitos ao aire a bordo dun camión. A moda galega, con Vigo como eixe do que saían todas as decisións, sorprendía a toda España e convertía o sector téxtil en punta de lanza dunha nova imaxe para Galicia.
Pola noite, Vigo era unha cidade raiada, atropelada, cachonda e encallada cunha produción intensa de bandas, as máis delas de efémera vida. Unha explosión de pelames e vestimentas coa música como expresión catártica.
Foi todo un cóctel de política, deporte, cultura e sociedade.
Fernando Franco

Artículos relacionados

  • ALBA DE GRORIA (ILUSTRADO POR ANA SANTISO)
    CASTELAO
    Alba de groria foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria e política, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso, quen soña en imaxes o universo histórico e galaico deseñado polo rianxeiro. Un diálogo feliz entre o pasado e o futuro. Unha Alba de groria como non se vira nunca antes. ...
    En stock

    13,50 €

  • O ESTRANGULAMENTO TECNOLOXICO DE GALIZA
    DIEGO SANDE VEIGA
    A innovación é un fénomeno necesario para que as sociedades prosperen , mais non está exento de controversia . De feito , para o pensamento " crecentista " , a innovación é necesaria fundamentalmente como motor para acadar o crecemento económico . Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal , que se vén minifestando - entre outras maneiras - a través...
    En stock

    19,95 €

  • DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE
    SEOANE, XAVIER
    Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón Trigo, o libro combina a óptica analítica, o alento poético, a imaxinaci...
    En stock

    25,40 €

  • GALICIA-BRETAÑA. OLLADAS COMPARADAS
    VARIOS
    Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romanizadas, pero con fondas pegadas celtas. Son terras de granito e con extensas orlas marítimas, de chuvias atlánticas empuxadas por «ventos mareiros», que están caracterizadas por uns trazos culturais de gran paralelismo, desde ...
    En stock

    20,00 €

  • A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
    CLAUDIO OTERO EIRIZ
    En stock

    24,95 €

  • INFORME GALICIA 2020
    Corren tempos convulsos. Coa pandemia sanitaria ameazando vidas e detonando as crises que estaban agochadas. E cos dogmas do capitalismo neoliberal e dixital baixo sospeita.  a hora dos intérpretes. Para poñeren ao descuberto, con sentido crítico, o que nos ata. Tamén o que nos pode liberar. ...
    En stock

    20,00 €