UN BICO DE AMOR E VIDA

UN BICO DE AMOR E VIDA

NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO

27,40 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2009
Materia
Infantil, juvenil y didáctico
ISBN:
978-84-9865-142-3
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto d'A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "Árbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009

Artículos relacionados

  • DE COMO O SANTO DOS CROQUES SE FAI PEREGRINO
    CARBALLUDE BLANCO, PEPE
    Imaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis. Ese é o argumento do presente libro, escrito co humor, a retranca e a imaxinación características do autor, qu...
    En stock

    12,50 €

  • LAS ALAS DE TRUCO
    ACEVEDO,DESIRÉE / PASARÍN,TANIA
    No disponible en este momento

    16,00 €

  • PACK DE RASI OLIMPIADAS
    ORO PRADERA, BEGON~A
    Un pack con dos títulos de La pandilla de la ardilla: "Las olimpiadas de Rasi" y "Rasi en la playa", y además, un muñeco de Rasi (disfrazada de atleta olímpica), la mascota que siempre acompaña a la pandilla en todas sus aventuras. ...
    En stock

    16,95 €

  • UNHA ESTRELA PARA AMINA
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    En stock

    10,50 €

  • ESCA
    ANTONIO PIÑEIRO
    O Grove , 1929 . A tempada de verán toca ao seu fin . Un grupo de rapaces asiste a un suceso que alterou o descanso dos ricos veraneantes na vila . Un achado e unha rebuldaina veñen da parte do Gran Hotel da Toxa . Don Sadurní , rendeiro e investidos catalán , observa canda eles o acontecer . A tarde e o rutineiro lecer do balneario van entrando nunha espiral de tensión , ...
    En stock

    12,00 €

  • PRIMERAS PEGATINAS MUNDOS MAGICO
    VV. AA.
    No disponible en este momento

    4,95 €

Otros libros del autor

  • O ENIGMA DO BAUL PECHADO
    NEIRA CRUZ, XOSE ANTONIO
    Entre o lixo dun vertedoiro, Max atopa un enigmático baúl pechado. Sen saber que hai no seu interior, está seguro de que garda algo que desexa coÒecer. Pero conseguir iso È moi difÌcil. Non hai forma de abrir o baúl. Ademais, o misterioso obxecto pasou a formar parte das posesión da tenda do malvado señor Lin. AsÌ e todo, vai suceder algo extraordinario. Algo que serv...
    En stock

    12,75 €

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. É o agasallo que lle envía unha tía-avoa súa que nin sequera sospeitaba que existise. Mina sente de súpeto a necesidade de coñecer esta "filla da lúa". A viaxe para atopala converterase en toda unha aventura que acelera a súa mmaduraci...
    En stock

    9,00 €

  • ANTONIO FRAGUAS
    NEIRA CRUZ, XOSE ANTONIO
    En breve (el pedido puede demorarse)

    12,95 €

  • O MEDO DE MO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Reimpresión

    7,70 €

  • EL MIEDO DE MO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Descatalogado

    7,70 €

  • JAN ESTIVO ALÍ
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia. ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    18,95 €