TRILOXÍA PÁNICA

TRILOXÍA PÁNICA

MIRANDA RUÍZ, XOSÉ

6,25 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2000
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-8302-508-6
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Peto

Xosé Miranda ofrece neste volume tres narracións de terror: "Vestio", "Lambirón" e "A neve e a cadeira". En "Vestio", arredor das vellas tradicións animistas e naturistas, que aniñan no máis fondo do ser galego, o autor constrúe unha historia actual, un tema que mete ó lector dentro da novela e dificilmente deixa fuxir. Unha novela curta que nos mergulla nos labirintos do ocultismo, un bo argumento para indagar na psicoloxía individual e social dos personaxes. En "A neve e a cadeira", Miranda baséase na tradición popular para lle dar vida na súa narración ó demo. O lector sabe que o personaxe do mal, que lle vai infundindo tensión á narración, é dende o principio o demo -o forte cheiro a xofre despois de cada unha das mortes é inconfundible- pero Miranda logra aquí tamén resolver un final cheo de intriga e desolación.

Artículos relacionados

  • UNHA RAPAZA DE PROVINCIAS
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñ...
    En stock

    16,00 €

  • O CERVO E A SOMBRA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos seus pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. ...
    En stock

    17,60 €

  • O QUE ME TOCOU VIVIR
    XOSÉ ALVITE LEMA
    O que me tocou vivir é unha mestura de narrativa e poesía , na que o autor nos conta , en primeira persoa , a súa infancia , adolescencia.... Fálanos das súas dificultades ,do seu amor , do desamor , das súas ilusións , dos seus desexos ... Todo regado con aqueles poemas que escribiu naquel tempo , no que soñaba con ser poeta, ser cantautor . É pois un baúl cheo de so...
    En stock

    15,00 €

  • BAIXO AS ALAS DE ABRIL
    FERNÁNDEZ LEICEGA, XOAQUÍN
    Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as con...
    En stock

    23,40 €

  • O PERFUME
    SÜSKIND, PATRICK
    Jean-Baptiste Grenouille naceu seis anos antes da Revolución Francesa no barrio máis fedorento de París. Dende a súa nacenza ten unha extravagante cualidade: non desprende olor ningún, polo que lle atribúen a presenza dalgún demo. Tamén posúe un don excepcional: un olfacto prodixioso que lle permite percibir todos os aromas do mundo. ...
    En stock

    18,00 €

  • (G).GALICIA VISTA POR UN INGLES
    BELL, AUBREY F.G.
    TRADUCIÓN DO INGLÉS DE XOSÉ MARÍA GÓMEZ CLEMENTENesta crónica viaxeira pola Galicia da década de 1920, Bell pretende “dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros”.“A arquitectura, a escultura, a lingua, a literatura, a botánica, a arqueoloxía e a etnoloxía desta fermosa rexión chaman fortemente polo especialista que, en...
    En stock

    17,00 €

Otros libros del autor

  • HISTORIA DUN PARAUGAS AZUL
    MIRANDA RUÍZ, XOSÉ
    Despois de quince anos publícase a edición completa e revisada da primeira novela de Xosé Miranda, merecedora do Premio Manuel García Barros de 1990, a clásica Historia dun paraugas azul. Ademais da historia dos transfraguenses Lino Carrán e Fión Nabarquela, que constitúe o corpo desta novela coral, ofrécensenos nesta nova edición, os epílogos que foran suprimidos na...
    No disponible en este momento

    22,10 €

  • AS CIDADES MERGULLADAS
    MIRANDA RUÍZ, XOSÉ
    Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio Gonzále...
    No disponible en este momento

    23,60 €

  • O DEMO Á ORELLA
    MIRANDA RUÍZ, XOSÉ
    O demo á orella está constituído por dezaoito relatos breves que atravesan diferentes épocas da historia, dende a idade remota na que o ser humano comezaba a distinguirse na súa loita pola supervivencia, os dous primeiros contos: " Sombras na caverna " , " Flor-na-neve-azul " ; pasando polos séculos de esplendor do Imperio Romano, " Lonxinio ou a saudade " , " Ama Pit...
    No disponible en este momento

    11,00 €

  • VESMO
    MIRANDA RUIZ, XOSÉ
    No disponible en este momento

    3,91 €