Tren
Moncho Iglesias Míguez
O desxeo dunha nube cando hai marea
A menstruación dunha montaña a desembocar en barco
O faro fundido dun altar de auga doce
A procesión dos vimbios dunha canastra
radiografía de gretas debuxada con pluma de gaivota afónica