TODO OK

TODO OK

AMEIXEIRAS, DIEGO

17,30 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2012
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-452-8
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere. Narrada cun estilo sobrio e moi persoal, estamos ante unha novela que reflicte as túrbidas relacións entre uns protagonistas que loitan por sobrevivir máis alá das marxes da legalidade. Unha trama pola que desfilan uns personaxes que actúan sen escrúpulos, atrapados nun destino pouco esperanzador. Sometidos a constante presión policial, encarnada nun tenente da Garda Civil que xoga a varias bandas, por riba de todos eles sobrevoa a sombra implacable da xustiza. Inés Landeira, a quen todo o mundo coñece como A coxa, buscará unha saída nese complexo labirinto de intereses que poboan esta novela de Diego Ameixeiras, autor ao que Paco Ignacio Taibo II sinalou dende Dime algo sucio coma un dos renovadores do xénero negro contemporáneo.

Artículos relacionados

  • URALITA
    LADO, MARÍA / IRIA PINHEIRO
    A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar....
    En stock

    15,00 €

  • O QUE NON SABÍAS
    PEDROSA, ELBA
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxeni...
    En stock

    16,35 €

  • TRAVES DO TREBON-GALLEGO
    VICENTE ARAGUAS
    O VERAN DE 1936 EN ASTALEIRO TRANSCORRE TEDIOSO PARA VITOLO ATA QUE COMENZAN A ESCOITRSE RUMORES DUNHA SUBLEVACION NO EXERCITO. TAMEN PARA LUCILA, RECEN CASADO CO TENENTE DE NAVIO MARCELO GLARIA, QUE, ALLEA A POLITICA, NESTA CIDADE DE FUNCIONARIOS, CREGOS E MILITARES OCUPA O SEU TEMPO ENTRE OS CAFES COAS AMIGAS E O CINEMA. CUN ESTILO MOI PERSOAL, VICENTE ARAGUAS RECREA EN TRAV...
    En stock

    16,00 €

  • VIRTUDES (E MISTERIOS) PREMIO BLANCO AMOR 2019
    FRAGA, XESUS
    En stock

    19,70 €

  • O AMANTE
    DURAS, MARGUERITE
    «O amante» é unha das obras mestras de Marguerite Duras. Publicada en 1984 cando a autora tiña 70 anos, esta novela autobiográfica e de tintes eróticos gañou o Premio Goncourt e foi traducida a máis de 45 idiomas. A protagonista é unha ferm osa adolescente de orixe francesa que vive en Saigón, na Indochina colonial de principios do século XX. A súa familia está arr...
    En stock

    12,00 €

  • O LIBRO DA PERDA E O ESQUECEMENTO
    RASI-KOSKINEN, MARISHA
    As historias dos protagonistas, Julia e Jan, semellan discorrer de xeito independente. Ela emprende unha fuxida en coche cos seus pais, el é enviado a un campamento de supervivencia en Laponia. Porén, as súas vidas estÃín unidas a través das lembranzas dunha casa de madeira, dun caderno cheo de palabras, números e debuxos, dos fíos invisíbeis da perda e o...
    En stock

    18,00 €

Otros libros del autor

  • ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel...
    En stock

    19,90 €

  • A CRUELDADE DE ABRIL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas red...
    En breve

    17,00 €

  • A NOITE ENRIBA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da li...
    En breve

    17,30 €

  • CONDUCE RÁPIDO
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de vez daquela merda de vida. A apari...
    No disponible en este momento

    17,30 €

  • MATARTE LENTAMENTE
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu -c...
    En breve

    17,30 €

  • HISTORIAS DE OREGÓN
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P. encóntrase unha vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M. T. esfórzase por a...
    No disponible en este momento

    17,30 €