Rato solteiro era leñador. Un día, unha rapaza
convidouno a comer e desafiouno a unha carreira:
se me pillas, caso contigo.
Cando estaba a piques de atrapala, a rapaza tirouse
ao río e o rato foi detrás. No fondo do río,
nun mundo marabilloso agochábase a Raíña das
Augas e unha, dúas, tres... quen sabe cantas
princesas fermosas, todas iguais! Como ía
recoñecer o noivo, a súa prometida?
Historia de amor e humor baseada nun conto
popular africano.