RAMÓN PIÑEIRO E A  ESTRATEXIA DO GALEGUISMO (1939-1982)

RAMÓN PIÑEIRO E A ESTRATEXIA DO GALEGUISMO (1939-1982)

RODRÍGUEZ POLO, XOSÉ RAMÓN

20,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2009
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9782-964-9
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Universitaria

Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron os galeguistas encamiñada a preparar á sociedade para o escenario -entón incerto- da restauración da democracia. Buscaban unha estratexia de longo prazo que lles permitise despregar unha acción efectiva sobre a opinión pública para contrarrestar a influencia do franquismo e avivar a conciencia da propia identidade. Os galeguistas, liderados por Ramón Piñeiro, inauguraron unha vía alternativa que recuperou para a sociedade os valores e ideais do galeguismo, e construiu para a política un marco de xogo que todos os partidos debían asumir. E desenvolveron unha importante actividade pública no ámbito cultural, porque entendían que a cultura era o factor clave tanto da conciencia identitaria coma da mesma existencia de Galicia como pobo. O seu obxectivo era evitar que o sentimento galego fose instrumentalizado por ningún partido político, para permitir que todos os galegos, á marxe da súas posicións ideolóxicas, puidesen sentirse plenamente integrados.

Artículos relacionados