Neste libro atoparás unha manchea de nomes populares, trampulleiros e divertidos
Úsanse para chamar a algúns dos seres vivos que atopamos no noso contorno, pero tamén nos fan pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre, disparatadas. Ademais, sorprenderaste coñecendo o xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se refiren.
Luisa Martínez Lorenzo é doutora en Ciencias do Mar. Durante unha década dedicouse á investigación oceanográfica ata que, no ano 2007, decidiu redirixir a súa carreira profesional cara á comunicación social da ciencia. Desde entón é a responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) en Galicia. Deseña, coordina e participa en accións de divulgación dirixidas a públicos moi diversos e a presentar os contidos científicos dun xeito atractivo e accesible para quen non están especializados neste ámbito, o que constitúe unha parte moi importante do seu traballo. Encántalle debuxar e, hai tempo, fixo un mástes en Álbum Infantil Ilustrado. Desde aquela non deixou de traballar e desenvolver a idea deste libro.