POLAROID (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)

POLAROID (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)

DE TORO, SUSO

35,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2006
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-460-6
Páginas:
176
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
os libros do xxv aniversario

Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos oitenta, axudando de forma decisiva a reorientala nos vieiros da modernidade. Publicado por vez primeira en 1986, dentro da colección XERAIS NARRATIVA, recibiu dende entón, un grande apoio dos lectores novos, que viron neste libro perturbardor unha referencia case xeracional. Vinte anos depois, esta nova edición, publicada dentro da colección "Xerais. Os libros do XXV aniversario", editada por Xerais e a Fundación Caixa Galicia, ilustrada con fotografías de Ricardo Boó e correxida e actualizada definitivamente polo autor cun novo epílogo, engadido ao da edición de 1997, constitúe tamén polas súas características e acabamentos un novo acontecemento na edición en lingua galega.
Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados, creados, manipulados para facer literatura...

Artículos relacionados

  • A VINGANZA DOS HOMES BOS
    ESTEBAN, MANUEL
    En stock

    17,70 €

  • CELADA
    PIÑEIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. Un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á Porta da Mámoa. ...
    En stock

    17,00 €

  • O MAL QUERER
    CAROU FIGUEIRA, NATALIA
    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. É un gr...
    En stock

    13,00 €

  • CONTOS POPULARES DA PROVINCIA DE LUGO
    CENTRO ESTUDIOS FINGOI
    En stock

    19,00 €

  • O QUE NON SABÍAS
    PEDROSA, ELBA
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxeni...
    En stock

    16,35 €

  • TRAVES DO TREBON-GALLEGO
    VICENTE ARAGUAS
    O VERAN DE 1936 EN ASTALEIRO TRANSCORRE TEDIOSO PARA VITOLO ATA QUE COMENZAN A ESCOITRSE RUMORES DUNHA SUBLEVACION NO EXERCITO. TAMEN PARA LUCILA, RECEN CASADO CO TENENTE DE NAVIO MARCELO GLARIA, QUE, ALLEA A POLITICA, NESTA CIDADE DE FUNCIONARIOS, CREGOS E MILITARES OCUPA O SEU TEMPO ENTRE OS CAFES COAS AMIGAS E O CINEMA. CUN ESTILO MOI PERSOAL, VICENTE ARAGUAS RECREA EN TRAV...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    16,00 €

Otros libros del autor

  • DENTRO DA LITERATURA
    DE TORO, SUSO
    Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir. En ...
    En stock

    16,00 €

  • CONTA SALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime....
    En stock

    12,30 €

  • HUMILDAR
    DE TORO, SUSO
    Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e tran...
    En stock

    6,00 €

  • O PAÍS DA BRÉTEMA
    DE TORO, SUSO
    Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiago...
    En stock

    14,50 €

  • TRECE BADALADAS
    DE TORO, SUSO
    Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese ...
    En stock

    22,50 €

  • FÓRA DE SI
    DE TORO, SUSO
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    17,00 €