PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

17,60 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2013
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-541-9
Páginas:
104
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,60 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.» E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementos aproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo a realidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen de saber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de seres humanos extremadamente crueis.
Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, a converterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».

Artículos relacionados

  • A MIÑA VILA · A LIÑA 15C · CABALGAR
    FRANCISCO ROZADOS "ROCHI", CRISTINA REY, MANUEL DARRIBA
    En breve (el pedido puede demorarse)

    13,00 €

  • LOUSAS
    MARCOS, XESÚS MANUEL
    En breve (el pedido puede demorarse)

    16,00 €

  • O GANSO SALVAXE
    MORI ÖGAI
    Otama é unha moza humilde á que as circunstancias e o desexo de coidar do seu ancián pai empurran a aceptar ser a concubina dun bedel convertido en usureiro . Okada é un gallardo estudante de medicina cuxos paseos o levan con frecuencia por onda a nova residencia de Otama . O destino , a casualidade e as convencións sociais levarán a que unha e outro se observen , se ache...
    No disponible en este momento

    14,50 €

  • A FORMA DE CÉLEBES
    MÉNDEZ, IAGO
    A finais dos anos noventa, Carmiña e Anselmo regresan a terras galegas para pasar unha xubilación sen sobresaltos. Os seus dous fillos, xa entrados na trintena, semellan ter as súas vidas resoltas, un en Madrid e o outro en Londres. Pero unha chamada telefónica de Suso, o maior, quebra a tranquilidade da que apenas comezaban a gozar. Os temores relacionados cos puntos escur...
    En stock

    14,75 €

  • O QUE A MAREA ESCONDE
    ORUÑA, MARÍA
    Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible.María Oruña homenaxea as novelas de «cuarto pechado» n...
    En stock

    20,90 €

  • A BARCELONESA
    PAZ, XABIER
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión ...
    En stock

    18,30 €

Otros libros del autor

  • O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados,...
    En stock

    17,65 €

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a con...
    En stock

    17,30 €

  • ANTÓN E OS INOCENTES
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    17,00 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal dest...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    11,10 €

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Agotado

    16,00 €

  • CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no "Consultorio" abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    31,00 €