PEPE VELO

PEPE VELO

PIÑEIRO, ANTONIO

14,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2000
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-8302-507-9
Páginas:
176
Encuadernación:
Otros
Colección:
Cronica

Este libro de Antonio Piñeiro é unha crónica que recupera a nosa memoria e procede á reconstrucción histórica dun dos personaxes galegos máis singulares, Pepe Velo. En 1961, capitanenando un comando baixo as siglas do DRIL, Pepe Velo procedeu ó espectacular asalto e secuestro do barco portugués Santa María, para portestar contra as dictaduras de Franco e Salazar. Pepe Velo era sobre todo, en palabras do prologuista do libro Manuel Mera, un home que amaba a Galicia e que dedicou a súa vida a servir á súa patria e loitar contra a dictadura franquista.

Antonio Piñeiro -xornalista ourensán, vicepresidente do Patronato Curros Enríquez e actual secretario do Seminario de Estudios Celanovenses- paséanos pola vida de Velo, desde a súa nenez á militancia galeguista, a súa participación na Federación de Mocidades Galeguistas, os primeiros poemas, á Guerra Civil, a loita clandestina en Vigo, os seus procesamentos, fuxida, ó exilio de Venezuela e a particiación no Lar Galego, ata á madurez política. Demórase nos episodios de antes e despois da captura do Santa María: a fundación do DRIL, as primeiras accións dentro do Estado español, a preparación do asalto ó barco portugués, as tensas relacións con Galvao e os problemas que se orixinan coa tripulación durante o secuestro, o exilio en Brasil e a actividade editorial.

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • TRÁVELIN
    PIÑEIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín exam...
    En stock

    17,30 €

  • CELADA
    PIÑEIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. Un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á Porta da Mámoa. ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    17,00 €

  • A TRAVES DO FUME (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017)
    PIÑEIRO, ANTONIO
    En breve (el pedido puede demorarse)

    14,75 €

  • A DAMA FULXENTE
    PIÑEIRO, ANTONIO
    No disponible en este momento

    10,00 €

  • CALANOVA, 1900-1981
    PIÑEIRO, ANTONIO
    En breve (el pedido puede demorarse)

    20,00 €