OS PECADOS CAPITAIS

OS PECADOS CAPITAIS

VIDAL, FRANCISCO A.

18,70 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2007
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-513-9
Páginas:
232
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio..., até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte.
Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao "próspero" negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.

Artículos relacionados

  • CICATRICES DO AIRE
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Aparecida do nada , unha estraña vella enche as horas incómodas dunha muller atrapada entre o desexo de morte e o de vida . Son tempos de disparos , de represión , de olladas bixas e bocas pechadas . Tempos de vivir calando . O silencio dos días repetitivos vese interrompido por unha descoñecida , dona de segredos e idades innúmeras , e que , capa tras capa , coma unha á...
    En stock

    12,00 €

  • O BAILE
    NEMIROVSKY, IRENE
    En stock

    12,00 €

  • O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS
    SOUTO, XURXO
    Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «As veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, ...
    En stock

    16,85 €

  • A REALIDADE
    DARRIBA, MANUEL
    Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narr...
    En stock

    17,00 €

  • AS MELLORES TENDAS DE MADRID
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    «As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secre...
    En stock

    18,30 €

  • RAPAZAS DE POLAR
    MOREDA, EVA
    En breve (el pedido puede demorarse)

    14,00 €