OS ESPELLOS DO TEMPO

OS ESPELLOS DO TEMPO

VAQUEIRO FOXO, VÍTOR

19,95 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9865-115-7
Páginas:
300
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Álbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.

Artículos relacionados

  • O MESTRE DE QUIROZA
    VARELA BUELA, JOSE
    En stock

    15,00 €

  • OBABAKOAK
    ATXAGA, BERNARDO
    «Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. Obaba non existe, non está en ningún mapa; é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero axiña se atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra base...
    En stock

    20,00 €

  • REMUÍÑO DE SOMBRAS
    NEIRA VILAS, XOSE
    Presenta a imaxe colectiva da comunidade galega de Buenos Aires.Novela que reconstrúe unha xeira histórica da diáspora dos galegos.Despois da historia dun home na emigración que é Camiño bretemoso, Neira Vilas ofrécenos a novela da emigración no seu conxunto, “composta cunha técnica de parqué”, en palabras de Basilio Losada. Vidas cuns camiños que se encerellan, le...
    En stock

    12,00 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES
    VILA ALONSO, SARA
    A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que A...
    En stock

    15,20 €

  • OBRA REUNIDA
    GOMEZ TATO, SANTIAGO
    En stock

    18,00 €

  • PÉREZ. HISTORIA DUN TRIUNFO
    PEROZO PORTEIRO, LLERENA
    Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e ...
    En stock

    17,50 €

Otros libros del autor

  • MITOLOXÍA DE GALIZA
    VAQUEIRO FOXO, VÍTOR
    Nas páxinas desta guía atoparemos meigas, mouros, mulleres, guerreiros e animais fabulosos, sereas e pedras marabillosas; en definitiva, lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, onde, continuando co traballo emprendido anos atrás coa Guía máxica, mítica e lendaria, se tenta derrubar as fronteiras entre mitoloxía e relixión, entre o profano e o sacro, ademais de a...
    En stock

    25,50 €

  • O SOÑO (RE)DIRIXIDO
    VAQUEIRO FOXO, VÍTOR
    O título parte dunha frase de Jorge Luis Borges referida ao quefacer literario. Percorrendo un camiño que conduce de Aberdeen á Limia, de Uruk a Mondoñedo, de Atila a Pardo de Cela e á raíña Lupa, Vítor Vaqueiro mostra novamente as obsesións que caracterizan a súa obra narrativa e poética: o Tempo, o Mito, a inxustiza despótica inherente ao Poder, a Memoria imperios...
    No disponible en este momento

    18,95 €