O SONO DAS SEREAS

O SONO DAS SEREAS

NEIRA CRUZ, XOSÉ A.

17,15 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2017
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-098-7
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
17,15 €
IVA incluido
En breve

XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017
Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombra del, ao longo dos séculos de silencio e infortunio, as mulleres dunha mesma familia padeceron a condena de seren mortas en vida. As habitantes da Casa do Soño: velaí o nome polo que a súa morada é coñecida en toda a contorna. A hisotira que se agocha detrás dese lugar é un tabú que selou bocas e soldou medos ao longo de xeracións. Ninguén fai preguntas nind á máis palabras que as que, de vez en cando, a escape, se poden coar nalgunha rexouba repregada de inmediato coa forza coa que as mareas volven ao seu lugar de orixe. Sen deixar ningún atisbo certo ao descuberto. Só a chegada de tres estraños a ese mundo pequeno e atlántico, recollido en si coma nun embigo de pedra, permitrá desvelar a verdade. Unha verdade repleta de prexuízos e de supersticións tan estrañas e inesperadas como as sereas que aduban as paredes dese templo ancorado no tempo, dentro do cal latexa a marabilla, o misterio e a maldade.

Artículos relacionados

  • CACHARELAS E MARUSÍAS DE PEDRA
    VILLAR FERREIRO, MAJO
    En stock

    19,00 €

  • PUNTO DE ARAÑA
    PALLARES, NEREA
    Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anf...
    4-8 días
  • AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o v...
    En stock

    16,95 €

  • ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurx...
    En stock

    17,50 €

  • INDIANA
    SAND, GEORGE / DUPIN, AMANTINE AURORE
    Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas t...
    En stock

    23,40 €

  • O NADADOR NO MAR SECRETO
    KOTZWINKLE, WILLIAM
    Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte. ...
    En stock

    12,00 €

Otros libros del autor

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título d...
    En breve

    14,50 €

  • POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe, cando a súa barriga fixo pufff e os ollos se lle pecharon. Desde ese momento, correu a voz de alarma en toda a Comunidade. Onde estaba Piero? Só a súa curmá Bárbara e tío Ted sabían que aquela desaparición non fora totalmente casual. ...
    En breve

    14,00 €

  • O ENIGMA DE SANTIAGO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existenc...
    En breve

    15,50 €

  • VELENO DE TINTA IMPRESA
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio ...
    4-8 días