O PAXARO DE NÁCARA

O PAXARO DE NÁCARA

SALCEDA, PURA

23,90 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2019
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-356-8
Páginas:
416
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Nélida, unha galega emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polo funeral da súa avoa. Alí reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a México. Agora ela está casada e con fillos, polo que aparentemente todo é auga pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que crían agachado: a misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun accidente de coche.
Sobre estes vimbios, Pura Salceda constrúe unha novela de intriga en que o amor e o erotismo, así como uns personaxes arrastrados polo destino, van comprender que nada é tan sinxelo como, de primeiras, parece.

Artículos relacionados

  • A BATALLA DE OCCIDENTE
    VUILLARD, ÉRIC
    En 1810, Prusia montou unha escola de guerra. As palabras «escola» e «guerra» crean un efecto estraño cando se poñen unha ao par da outra: fannos imaxinar alumnos en fila, con botas grandes de máis para eles, e dormitorios onde a xente esperta ao son da corneta. E que se aprende nunha escola de guerra? O 28 de xuño de 1919, na Galería dos Espellos do Palacio de Versall...
    En stock

    17,00 €

  • SHANGHAI A BARCELONA. PREMIO XERAIS 2019
    CASTRO MOURE, AMADOR
    Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. " Shanghai a Barcelona " é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos u...
    En stock

    17,00 €

  • O TATUADOR DE AUSCHWITZ
    MORRIS, HEATHER
    " O tatuador de Auschwitz " , de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horr...
    En stock

    18,00 €

  • O LADO DO QUE DORMES
    CANOSA, MARÍA
    Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero...
    En stock

    16,95 €

  • NO OBRADOIRO DO FABULADOR. ARTIGOS EN LINGUA GALEGA. FARO DE VIGO, 1972-1981
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971. Artigos sobre poetas contemporáneos coma Ted Hughes, Carles Riba e Luís Pimentel, sobre narradores ...
    En stock

    26,20 €

  • DENDE FINLANDIA CON AMOR
    SCHATZ, ROMAN
    En stock

    14,00 €