Edición conmemorativa do XXV aniversario da publicación. Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L´Èpée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico occidental. Esta novela, de viaxes e aventuras, de marabilla e derrota, é un dos grandes libros de Xavier Queipo, e nel condensa moitos dos seus temas literarios máis queridos. Premio Manuel García Barros 1996, Ex Aequo.