MONBARS O EXTERMINADOR

MONBARS O EXTERMINADOR

PUENTES, HIXINIO

19,00 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2009
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-887-1
Páginas:
488
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
19,00 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquía, liberdade, moralidade... e realiza un canto ao mar e as súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado ''o anxo exterminador'' pola súa xenreira aos españois é un xentilhome languedociano da segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olonés, Morgan, etc. Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as dúas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixión, as monarquías absolutas, o ambiente corsario bretón, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografía do golfo de Saint-Malo, burlándose das leis e mostrando o seu gusto pola poesía goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativa galega e portuguesa na súa última edición.

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • WINNIPEG
    PUENTES, HIXINIO
    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato ...
    En stock

    17,80 €

  • OS NAUFRAXIOS DA GALICIA NORTE VOL. II
    PUENTES, HIXINIO
    No disponible en este momento

    20,00 €

  • A DO VINTE E UN
    PUENTES, HIXINIO
    No disponible en este momento

    20,00 €

  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL
    PUENTES, HIXINIO
    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, que atrapa ao lector coa intriga dun argumento ben dosificado e un estilo áxil que caracteriza ao autor. Novela de arrecendo clásico, extraordinariamente ben escrita e construída, dá conta, en primeira persoa, do relato autobio...
    No disponible en este momento

    21,35 €

  • LA GALERNA DE 1961
    PUENTES, HIXINIO
    No disponible en este momento

    28,00 €