Lolo era un home moi aburrido que esquecera o xeito de se divertir, de brincar nas festas, de deitarse nos lameiros e soñar co paso das nubes. Tiña corenta anos e sentíase cada vez máis triste. Coma un xoguete roto. Unha noite mentres estaba a durmir, tivo un soño. Á mañá seguinte Lolo espertou distinto, tiña ganas de brincar, de bailar, estaba tolo e... ¿a que non sabedes o que pasou?