L'AFFICHE ROUGE

L'AFFICHE ROUGE

REGUEIRA, MARIO

18,60 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2007
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-587-0
Páginas:
200
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

L' affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai moito tempo ficou sen resolver polas xeracións precedentes. L' affiche rouge é o retrato dunha xeración que vai ao encontro dunha realidade que non é a prometida, senón un mundo onde a propia identidade persoal é sometida a constantes negacións e agresións nun contexto globalizado e xerarquizado. Os protagonistas adoptarán unha serie de posturas distintas que van desde a completa inhibición até unha revolucionaria e gozosa celebración da diverxencia. Entroncando coa tradición do bildungsroman, ou novela de aprendizaxe, os personaxes atópanse inmiscuídos nun proceso de formación do que o fracaso e a ausencia dos referentes agardados é unha constante.

Artículos relacionados

  • A BARCELONESA
    PAZ, XABIER
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión ...
    En stock

    18,30 €

  • O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    QUIROGA, XABIER
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigaci...
    En stock

    23,90 €

  • CORAZON DE VACA E OUTRAS VÍSCERAS
    ANDREIA COSTAS
    En stock

    14,00 €

  • O QUINTO EN CUESTIÓN
    DAVIES, ROBERTSON
    Esta obra, publicada en 1970 e considerada a mellor novela canadense do século XX, comeza coa definición que o autor fai do quinto en cuestión no contexto das compañías operísticas: "O rol que, malia non ser nin o do heroe nin o da heroína, nin o do confidente nin o do vilán, resultaba fundamental á hora de resolver a trama dun modo satisfactorio". «O quinto en c...
    En stock

    18,00 €

  • A TRENZA
    COLOMBANI, LAETITIA
    En stock

    18,00 €

  • NON DEBEU FALTAR
    JOSÉ LORENZO TOMÉ
    José Lorenzo Tomé(Guitiriz,1954) é ensaísta e novelista. Lincenciouse en Filosofía e Bioloxía, doutorándose cunha tese sobre o filósofo alemán Jürgen Habermas, pertencente á escola de Frankfurt. Unha mirada é suficiente para que prenda o amor, un dos feitos máis extraordinarios da condición humana.Pero moitas veces ese amor é declarado ilegal e os amantes son per...
    En stock

    13,00 €

Otros libros del autor

  • NARRATIVA E IMAXINARIO NACIONAL NA RECONSTRUCIÓN
    REGUEIRA, MARIO
    A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o per...
    En stock

    24,00 €

  • MARCO LIVORNO
    REGUEIRA, MARIO
    En breve (el pedido puede demorarse)

    10,00 €

  • LAS HOJAS MUERTAS
    REGUEIRA, MARIO
    No disponible en este momento

    17,00 €

  • O SILENCIO
    REGUEIRA, MARIO
    O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente. É ademais unha xeografía tridimensional das guerras, cartografa a planicie na que se enfrontan os estados cos seus exércitos e descende aos abismos nos que os pobos, as minorías e...
    No disponible en este momento

    13,00 €

  • LOIS PEREIRO
    REGUEIRA, MARIO
    No disponible en este momento

    14,00 €