INCERTOS

INCERTOS

LÓPEZ DOBAO, XOSÉ ANTÓN

19,50 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-705-8
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realidade habita outras dimensións. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder.

Artículos relacionados

  • O GRAN CADERNO
    KRISTÓF, ÁGOTA
    En stock

    17,00 €

  • O GRANDE HOTEL BABYLON
    BENNETT, ARNOLD
    Todo transcorre con elegante normalidade no Grande Hotel Babylon -o mellor establecemento da súa categoría en Londres- até que Theodore Racksole, un potentado americano de visita na cidade, e mais a súa filla se empeñan en pedir un bisté e unha cervexa para cear. O que parece un capricho insignificante desencadeará unha serie de curiosas peripecias nas que nada é o que ...
    En stock

    14,00 €

  • A MONTAÑA DO POETA
    REXES, LIONEL
    É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando ...
    En stock

    17,50 €

  • ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descarg...
    En stock

    17,50 €

  • APRENDER A FALAR COAS PLANTAS
    ORRIOLS, MARTA
    Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas plantas foi a primeira novela de Marta Orriols, coa que deco...
    En stock

    19,95 €

  • CAROL
    HIGHSMITH, PATRICIA
    Un encontro fortuíto entre dúas mulleres solitarias conduce a un apaixonado romance neste clásico de culto. Therese, unha xove e frustrada dependenta, e Carol, un ama de casa no medio dun amargo divorcio, abandonan os seus opresivas rutinas pola liberdade da estrada, onde o seu amor pode florecer. Pero a súa felicidade faise cachizas cando Carol vese obrigada a elixir entre...
    En stock

    18,00 €

Otros libros del autor

  • MATERIA
    LÓPEZ DOBAO, XOSÉ ANTÓN
    O ser humano e a materia confúndense ata tal dimensión que por veces o individuo imaxina sentir que se distancia, que a súa esencia é espiritual, intanxible, transcendente. E non. A materia, coma o home, coma a muller, é continxencia pura, recreación da multitude ao mesmo tempo que a multitude é recreación material. De aí nace o esìrito deste libro: como unha corredoi...
    No disponible en este momento

    15,95 €